Na parroquia de Limodre, na beiramar da ría de Ares, hai catro pequenas praias de area fina e augas tranquilas: Almieiras, Río Sandeo, Río Castro e Coído, e tanto nesta ría coma na de Ferrol pódense practicar variados deportes náuticos como o piragüismo, a vela e o windsurf.
A praia de Almieiras é unha zona de fondeo de embarcacións e ten unha fermosa vista da ría e das praias ribeirás.