03-07-2020

A Concellería de Servizos Sociais abre o prazo para participar no programa "Mocidade activa"

Favorecer a cohesión social e sensibilizar sobre as adicións con sustancias ou comportamentais, son os principiáis obxectivos do programa Mocidade Activa que poñen en marcha neste mes de xullo o Concello de Fene e a agrupación de Concellos de Mugardos e Neda. A iniciativa vai dirixida á mocidade de 11 a 16 anos e contempla actividades como pilotaxe de drons, fútbol burbulla, fabricación dixital 3D, artesanía electrónica, habilidade maker, como ser Youtuber, radio, habilidades persoais e combate láser. O programa desenvolverase do 15 de xullo ao 15 de agosto, con sesión de dúas horas e media, entre as 11.00 e as 13.30 horas.
01-07-2020

Programa completo de "Tardes activas dende a casa"

O estado de alarma declarado para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID 19 obrigou a suspender os programas de Servizos Sociais que se viñan desenvolvendo, entre os que se atopa o de Envellecemento activo. Como medida alternativa a este espazo, o departamento organizou durante os meses de abril, maio e xuño de 2020 o programa en liña “Tardes activas dende a casa”.
26-06-2020

28 de xuño, Día da Diversidade Sexual

O espazo web,  Liberdade de Ser e Sentir, pubica novos contidos no que é a recta final da campaña de sensibilización impulsada pola área de Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 28 de xuño “día da diversidade sexual”, a cal adheriuse o Concello de Fene.
23-06-2020

28 de xuño, Día da Diversidade Sexual

Como vimos informando o Concello de Fene adheriuse un ano máis á Campaña “LIBERDADE DE SER E SENTIR!”, campaña de sensibilización impulsada pola área de Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 28 de xuño “día da diversidade sexual”, que nesta edición ten unha presenza online a través do web seresentir.gal.

Espazo web que ven de publicar a terceira palestra "Tratamento informativo do colectivo LGTBQI+ nos medios de comunicación" e un contacontos dirixido ao público familiar.
23-06-2020

Tardes activas dende a casa

O departamento  Servizos sociais do Concello de Fene segue a traballar nas "Tardes activas dende a casa". Proposta para dinamizar  e estimular dende a casa, a toda a poboación maior de 55 anos .
Nesta entrega  do 22 de xuño propoñemos retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse dende a casa. Participa!
Lembrade compartir estes exercizos entre as vosas compañeiras e compañeiros e  participade!
As vosas achegas e solucións podedes envialas á conta de correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.
16-06-2020

Con motivo do 28 de xuño, Día das Diversidades Sexuais, a Deputación da Coruña organiza o concurso "Balcóns da Diversidade"

Como vimos informando o Concello de Fene adhírese un ano máis á Campaña “LIBERDADE DE SER E SENTIR!”, campaña de sensibilización impulsada pola área de Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 28 de xuño “día da diversidade sexual”.

E entre as actividades programadas, está o Concurso "Balcóns da Diversiade"
16-06-2020

Que a memoria non pare

O departamento  Servizos sociais do Concello de Fene segue a traballar nas "Tardes activas dende a casa". Proposta para dinamizar  e estimular dende a casa, a toda a poboación maior de 55 anos .
Nesta entrega  do 15 de xuño propoñemos retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse dende a casa. Participa!
Lembrade compartir estes exercizos entre as vosas compañeiras e compañeiros e  participade!
As vosas achegas e solucións podedes envialas á conta de correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.
16-06-2020

16 de xuño, Día da atención temperá

O Concello de Fene súmase e comparte, neste 16 de xuño Día da atención temperá, ao manifesto da  Asociación Galega de Atención Temperá .
12-06-2020

Liberdade de ser e sentir, 28 de xuño, Día Mundial da Diversidade Sexual

O Concello de Fene, dende a Concellería de Benestar e Igualdade, adhírese un ano máis á Campaña “LIBERDADE DE SER E SENTIR!”, campaña de sensibilización impulsada pola área de Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 28 de xuño “día da diversidade sexual”:

Dende a área de Igualdade do Concello de Fene apóstase, desde hai anos, por visibilizar a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero co fin de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais e xerar unha sociedade máis tolerante e igualitaria.

O Concello de Fene colocará a bandeira cos cores da arco da vella na fachada da casa consistorial e invita a toda a veciñanza a facer o mesmo, lucíndoa dende as súas fenestras.

Este ano hai organizadas unhas serie de actividades que se van desenvolver dun xeito diferente por mor, loxicamente, da situación sanitaria que estamos a vivir. Todas as actividades que se leven a cabo serán en formato dixital, as cales están ao dispor de toda a poboación interesada do 8 ao 28 de xuño na web seresentir.gal.
09-06-2020

Tardes activas dende a casa

O departamento  Servizos sociais do Concello de Fene segue a traballar nas "Tardes activas dende a casa". Proposta para dinamizar  e estimular dende a casa, a toda a poboación maior de 55 anos .

Nesta décima entrega  propoñemos retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse dende a casa. Participa!

Lembrade compartir estes exercizos entre as vosas compañeiras e compañeiros e  participade!
As vosas achegas e solucións podedes envialas á conta de correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.

Para rematar, os servizos sociais municipais quere que vos lembredes que ante calquera necesidade asistencial urxente -alimentos, medicamentos, produtos básicos- podedes contactar có Centro Municipal de Servizos Sociais -981 492 706 / 981 342 607 / 607 616 840- ou enviar un correo a servizos.sociais@fene.gal, tamén estamos ao voso servizo no  Concello no 981 492 707 -luns a venres en horario de mañá- ou ben na Policía Local -981 492 777- ou na agrupación de Protección Civil -663 379 073- quenes atenderán as peticións durante todos os días da semana entre as 7.30 e as 21.30h.