09-10-2024

O Concello de Fene pon en marcha unha nova edición do programa “Refórzate” para apoiar ao alumnado de primaria e secundaria

O Concello de Fene inicia unha nova edición do programa “Refórzate”, destinado a apoiar ao alumnado de primaria e secundaria con dificultades de aprendizaxe ou en situación de vulnerabilidade. O proxecto, desenvolto conxuntamente cos concellos de Fene, Neda e Mugardos e financiado pola Consellaría de Sanidade, ten como obxectivo promover o desenvolvemento individual, social e emocional das e dos menores a través de sesións de apoio educativo e actividades lúdicas e saudábeis.
04-10-2024

Abre o prazo de inscrición nunha nova edición dos Seráns Activos do Concello de Fene

A Concellería de Benestar social organiza un ano máis o programa Seráns Activos que ten como obxectivo o “entrenamento da mente e corpo” das persoas maiores de 55 anos. O prazo de matrícula xa está aberto e as prazas dispoñibles (15 por grupo) cubriranse por orde de inscrición Para anotarse, cómpre entregar o formulario, dispoñible na web www.fene.gal, no centro municipal de Servizos Sociais ou na caixa de correo servizos.sociais@fene.gal
27-09-2024

O vindeiro martes abre o prazo de inscrición para os Obradoiros de Defensa Persoal, Autoconfianza e Apoderamento que organiza o Concello de Fene

O Servizo Municipal de Atención á Muller, dependente da Concellería de Benestar Social de Igualdade anuncia dous novos obradoiros de “Defensa Persoal. Autoconfianza e Apoderamento”, dirixidos por unha banda a mulleres maiores de 18 anos e pola outra a rapazas de 13 e 17 anos. Ámbolos dous terán unha duración de 9 meses, desde outubro de 2024 ata xuño de 2025 con sesións de hora e media da duración os martes e xoves. E neles, traballarase con prácticas e adestramento en autodefensa, cun monitor especializado en artes marciais.
26-09-2024

Mocidade do concello de Fene tomará as rúas para provocar a reflexión en torno ao dereito á auga

Son os participantes do obradoiro de comunicación de guerrilla do proxecto #PeopleAndPlanet impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e impartido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social ( Agareso)

Buscar impacto, xerar conciencia, transgredir… estas son solo algunhas das características coas que poderiamos definir a comunicación de guerrilla, unha técnica comunicativa suxerinte e nada convencional que se vale dos cánones da publicidade, da performance, do uso do mobiliario urbano ou da intervención en monumentos…, co obxectivo de utilizar o espazo público para provocar unha reflexión na cidadanía.
16-09-2024

Abre o prazo de inscricións no proxecto Indira

Concellería de Igualdade do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, pon en marcha un novo Espazo para Mulleres enmarcado dentro do denominado Proxecto INDIRA, actividade que se ven desenvolvendo dende o ano 2018 de xeito ininterrompido cun total de dúas edicións por ano.

INDIRA é un proxecto para mulleres a través de encontros semanais, no que se abordarán diferentes temas e actividades relacionados co desenvolvemento persoal e a saúde en todas as súas dimensións. O programa desenvolverase durante os meses de outubro a decembro de 2024, dende o 2 de outubro ata o 18 de decembro.

O prazo para anotarse permanecerá aberto entre o 17 e o 30 de setembro.
 
 
 
06-09-2024

O Concello de Fene acolleu a presentación do Laboratorio de Apoderamento LGBT+ para a mocidade de Ferrolterra

O Salón de Plenos do Concello de Fene foi escenario da presentación do Laboratorio de Apoderamento LGBT+, un proxecto pioneiro que busca fomentar a inclusión e o respecto pola diversidade sexual nas comunidades locais da comarca de Ferrolterra. A iniciativa, financiada pola Deputación da Coruña, está deseñada pola cooperativa ferrolá Rexenerando, e conta coa participación das técnicas de igualdade dos concellos de Ferrol, Fene, Narón, Neda, San Sadurniño e Valdoviño, así como da propia Deputación provincial.
 
28-06-2024

Manifesto Orgullo LGTBIQ+

Hoxe, 28 de xuño, conmemórase en todo o mundo o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, en favor dos dereitos das persoas gays, lesbianas, trans, bisexuais, intersexuais e queer.
Un movemento fundamentado grazas ao éxito de millóns de persoas que durante moitos anos loitaron polos seus dereitos, uns dereitos que non son outros máis que a igualdade, a liberdade e o respecto.
Manifesto completo aquí
19-06-2024

A área de Benestar e igualdade abre o prazo de inscrición nas actividades de ocio de verán

O CPI A Xunqueira acollerá os días 25 e 27 de xuño unhas xornadas lúdicas-educativas orientadas á rapazada, con idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos. Actividade enmarcada no programa de  Reforzo educativo +Ocio da área de Benestar e Igualdade do Concello de Fene.
 
 
18-06-2024

O espazo de encontro entre mulleres INDIRA 2023-24 chega ao seu fin

Coincidindo co peche do programa, que finalizou cunha última sesión o pasado mércores 12 de xuño, a Concellería de Servizos Sociais anuncia unha nova convocatoria de INDIRA, actividade que se retomará no mes de outubro, abríndose o prazo de inscrición para as mulleres interesadas en participar tralo verán, no mes de setembro. Indira é un “espazo de encontro e crecemento no que compartir, experimentar, crecer xuntas, relaxarse, e onde permitirse ser muller e desfrutar de selo”.
11-06-2024

O revolution Xuventude vai de acampada

Tal e como vimos informando neste mesmo medio, o concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa REVOLUTION XUVENTUDE, subvencionado pola Consellería de Sanidade.
 
Programa que xa foi presentado á rapazada nos centros escolares e que como continuidade organiza un campamento para a mocidade.