A Concellería de Deportes de Fene organiza, conxuntamente coa Escola “Javi Gómez Noya” e o Club Triatlón Ferrol, o terceiro Duatlón Escolar de Fene, proba federada pertencente á Federación Galega de Triatlón que coincide este ano coa Final Provincial de Duatlón Escolar do programa Xogade.
Os judokas Daniel Martínez e June Moreno, da Escola Municipal de Fene, veñen de clasificarse para a fase final do Campionato Galego Infantil logo de acadar brillantes resultados na Fase Norte da competición que tivo lugar o pasado 24 de marzo en Vilalba. Na categoría de -60kg, Daniel Martínez fíxose coa prata, e en +63kg, June Moreno o bronce.
Na instalación deste novo equipamento investíronse algo máis de 5.000 euros. Porén esta non será a única actuación que se levará a cabo no ximnasio municipal da Casa da Cultura, xa que o Concello ten previsto cambiar en breve o portalón de acceso ás instalacións, utilizadas tamén como sede polo Club BTT Fene.
Máis de 600 alumnos de primaria de Fene participarán entre os días 22 e 23 de marzo nas xornadas de atletismo divertido escolar organizado polo Concello de Fene.
A Federación Galega de Atletismo ven de publicar os nomes dos atletas que defenderán a selección galega no Campionato de España de campo a través o próximo 11 de marzo en Mérida.
A xornada do club atletismo Fene completouse nesta fin de semana coas excelentes actuacións de Juan Rejas e o equipo composto por Brais Canosa, Javi Prieto, Alexandre García e Fer Garea.
O 28 de xaneiro de 2018, no circuíto de O Aguillón na Rúa, déronse cita os mellores clubes de Galicia no Campionato de Cross Curto por equipos. Entre eles estaba o Clube Atletismo Fene, representado por sete atletas.
122 parellas tomarán parte este domingo 28 de xaneiro no VI Trofeo de baile deportivo “Concello de Fene” que se celebrará a partir das 11:00 no pavillón polideportivo A Xunqueira de San Valentín.
Os nenos e nenas de Fene que queiran participar na campaña de esquí organizada pola Deputación Provincial poderán solicitar a preinscrición até o día 16 de xaneiro no Departamento de Deportes do Concello de Fene.