08-07-2025 -
Museo do Humor Xaquín Marín
O Museo do Humor Xaquín Marín anuncia que este venres está prevista a xuntanza o xurado do concurso de humor gráfico e caricatura Premios Curuxa 2025. O humorista grafico David Pintor (Pinto&Chinto) e os gañadores da Curuxa´24, Adrián Dopico, e da Curuxa Nova´24, Lucas Sixto Carballeira, forman parte do xurado que se completa nesta XXIX edición do certame coa alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e a responsable do museo fenés, Almudena Marcos (que actuará en calidade de secretaria do concurso). O xurado reunirase o venres 11, ás 12.00 horas, no propio museo para avaliar as obras presentadas e, ao longo da tarde, darase a coñecer o fallo a través da páxina web e redes sociais do Concello de Fene e Museo do Humor Xaquín Marín.