Normalización lingüística

O Concello de Fene, consonte co seu compromiso co proceso de normalización do galego, constituíu en 1984 o Servizo Municipal de Normalización Lingüística.

O Servizo Municipal de Normalización Lingüística centra o seu labor no uso interno para garantir que calquera veciño que se achegue ao Concello poida ser atendido en galego.

En segundo lugar, xa no ámbito externo, proporciona asesoramento e información a todas as persoas que demanden, organiza cursos de lingua galega e desenvolve programas tendentes a acadar novos ámbitos de uso para o galego.