Selección de Persoal

02-01-2025

Anuncio BOE prazas de conserxe, operario/a electricista e operario/a de mantemento auxiliar soldador/a

Anuncio BOE bases convocatoria dunha praza de Conserxe, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna; unha praza de Operario/a electricista, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna; e unha praza de Operario/a Mantemento Auxiliar Soldador/a, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
02-01-2025

Anuncio BOE prazas de peóns/as de limpeza e condutor/a tratorista

Anuncio BOE bases convocatoria dunha praza de peón/a de Limpeza de Edificios Municipais do plantel de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre; unha praza de peón/a de Limpeza de Edificios Municipais do plantel de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda reservada para persoas con discapacidade; unha praza de Condutor/a Tratorista, pertencente á escala de Administración Especial, subescala de Servizos especiais e clase Persoal de oficios, mediante o sistema de oposición, en quenda libre. 
26-12-2024

Anuncio prórroga

19-12-2024

Aprobación da oferta de emprego público para o ano 2024

19-12-2024

Lista provisional prazas de administrativo/a

17-12-2024

Convocatoria de proceso selectivo oficial de obras promoción interna OEP 2021

Anuncio BOE núm. 303, do 17.12.24, publicación resolución convocatoria proceso selectivo para a cobertura en quenda de promoción interna e mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de oficial de obras incluída na oferta de emprego público (OEP) do Concello de Fene do ano 2021, mediante o sistema selectivo de concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no BOE. 
17-12-2024

Modificación bases xerais reguladoras procesos selectivos OEP Concello de Fene

Anuncio BOP núm. 242 do 17.12.24 modificación das bases xerais reguladoras das convocatorias e procesos selectivos para a cobertura, en quenda libre, das vacantes incorporadas nas diferentes ofertas de emprego público do Concello de Fene.
12-12-2024

Nomeamento funcionaria de carreira do Concello de Fene dunha praza de técnica de xestión económica

09-12-2024

Anuncio convocatoria segundo exercicio proceso selectivo vacante de arquitecto/a

05-12-2024

Lista provisional admitidos/as e excluídos persoal docente e director/a REINICIA XI