Fene hoy

Inicio   Fene hoy
08-02-2018

A Casa da Cultura de Fene abrirá só en horario de mañá o luns e o martes de Entroido

A Concellería de Cultura informa dos cambios no horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Xosemaría Pérez Parallé” e Museo do Humor, por mor da celebración do Entroido.
19-12-2017

"Cerámicas Pérez Porto" na Casa da Cultura

A  mostra incluirá esculturas, pezas torneadas, cadros cerámicos, debuxos, acuarelas, proxectos e fotografías de monumentos realizados polo ceramista fenés.
22-11-2017

Cun monólogo de Pepe Capelán pecha este venres o "Novembro, mes do humor" do Museo do Humor

Pepe Capelán sempre chega tarde. Parafraseando aos grandes Faemino e Cansado, poderiamos dicir que Pepe Capelán é un home impuntual. “Chegou tarde ao seu propio nacemento, xa que chegou ao mundo logo de case dez meses de xestación. E despois dunha longa vida de impuntualidades, tamén chegou tarde ao mundo da comedia e da interpretación”. 
15-11-2017

Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz presentan este venres no Museo do Humor "Falar sen cancelas"

Continúa o ciclo de monólogos organizado pola Concellería de Cultura de Fene, coa colaboración da Deputación da Coruña, no Museo do Humor de Fene. A terceira sesión do “Novembro, mes do humor” traerá a Fene este venres, 17 de novembro, aos humoristas Fran Rei, Isabel Risco e Pedro Brandariz cun espectáculo titulado “Falar sen cancelas”.
08-11-2017

David Noya no "Novembro, mes do humor" do Concello de Fene

O ciclo de monólogos que organiza o Museo do Humor de Fene continúa este venres, 10 de novembro, coa actuación do humorista e actor David Noya. Esta segunda función do “Novembro, mes do humor” comezará o venres ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene.
04-11-2017

O alcalde de Fene anuncia unha nova convocatoria dos Premios Curuxa para comezos do 2018

“A continuidade dos Premios Curuxa é garante en si mesma do futuro do Museo do Humor de Fene e, polo tanto, dun dos principais signos de identidade que ten este Concello”. Con estas palabras, o alcalde de Fene avanzaba onte á tarde a próxima convocatoria dos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico que organiza o Museo do Humor de Fene.
02-11-2017

Os contos de Celso Fernández abren este venres ás 20 horas o ciclo de monólogos do Museo do Humor

A primeira sesión do "Novembro, mes do humor", organizado pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña, estará chea de “contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea”, cun toque contemporáneo “para apalparlles que tamén son historias actuais e que non son pezas de museo”.  
31-10-2017

O Museo do Humor entrega este venres os "Premios Curuxa 2017"

Coa entrega dos premios “Curuxa do Humor 2017”, o Museo do Humor de Fene abrirá este venres un novo ciclo “Novembro, Mes do Humor”. As persoas que desexen asistir ao acto deberán recoller invitacións (2 por persoa) o mesmo venres a partir das 18.30 horas na conserxería da Casa da Cultura de Fene. 
19-12-2016

Programa de Turismo Escolar da Deputación da Coruña.

O programa está dirixido a escolares entre 4 e 16 anos de calquera centro escolar da provincia da Coruña.