- 
						                                            SillobreForma parte dunha casa situada no lugar do barreiro, ten a cuberta a dúas augas e feita con tella do país e fibrocemento. 
- 
						                                            ManiñosIgrexa barroca do século XVII 
- 
						                                            FeneEdificio indiano, actual sede do Xulgado. 
- 
						                                            ManiñosVivenda indiana con usos comerciais 
- 
						                                            ManiñosO espazo enriqueceuse coa construción dun palco, unha caseta e un poste de iluminación, ademáis dunha bancada arredor da pista. 
- 
						                                            BarallobreSituada no lindeiro da parroquia de Sillobre, esta capela ten planta rectangular e nave única e presenta pequenas fiestras rectangulares nas fachadas laterais. 
- 
						                                            PerlíoLevantouse en 1930 e conta con 3 fachadas, un delas en esquina, e un paramento que fai medianeira. 
- 
						                                            PerlíoLeva na fachada en esquina as principais solucións ornamentais. 
- 
						                                            FeneCasa tradicional con solaina de madeira 
- 
						                                            FeneVivenda unifamiliar de comezos do século XX 
- 
						                                            ManiñosVivenda de planta rectangular distribuída en baixo, planta e baixo cuberta. Ten dúas galerías nas dúas fachadas do primeiro andar que ocupan todo o longo da fachada. 
- 
						                                            BarallobreExemplo de casa de piso sinxela e de traza rectangular. O hórreo, o portal e o tellado van con tella do país. 
- 
						                                            PerlíoVivenda tradicional que se corresponde cunha casa de piso moi reformada e cun acceso arbitrado para acceder ao primeiro andar. 
- 
						                                            
- 
						                                            
- 
						                                            ManiñosA construción segue as pautas de moitas vivendas indianas pola súa planta, distribución, ornamentación e composición do xardín. 
- 
						                                            
- 
						                                            ManiñosConstruída no século XIX sitúase nunha parcela de 3.600 metros cadrados e está rodeada por un muro de cachotería que conta con numerosas árbores. 
- 
						                                            BarallobreCasa indiana conocida tamén como Casa do Adriano construída en 1921. 
- 
						                                            
- 
						                                            
- 
						                                            SillobreVivenda datada a finais do século XV, de planta rectangular e con tres arrimos (dous alpendres e unha bodega). No seu frontal, do século XVIII, mostra os cuarteis de Andrade, Bermúdez de Castro, etc. 
- 
						                                            BarallobreConxunto tradicional de dúas vivendas no lugar dos Currás 
- 
						                                            
- 
						                                            FeneVivenda indiana do primeiro terzo de século XX 
- 
						                                            FeneConstrución de estilo indiano 
- 
						                                            ManiñosSituada en Chao da Aldea edificouna o indiano que lle dá nome en 1920. 
- 
						                                            SillobreUn claro exemplo do paso dunha casa de sobrado a unha casa de piso. 
- 
						                                            SillobreNo lugar de Belelle consérvase a casa de piso que conforma a tipoloxía de vivenda tradicional rural con máis presenza en Fene. 
- 
						                                            SillobreConstrución agora deshabitada e situada en Belelle, que define á perfección o paso dunha casa de sobrado cara a unha casa de piso. 
- 
						                                            SillobreConstrución pouco típica dentro desta categoría de vivenda, posto que conta cunha planta case cadrada e posúe tan só baixo e faiado. 
- 
						                                            
- 
						                                            FeneVivenda tradicional de planta rectangular de tres alturas 
- 
						                                            
- 
						                                            SillobrePosúe planta rectangular que se desenvolve en baixo e primeiro andar. Destaca o seu alpendre situado na parte de enfronte. 
- 
						                                            MagalofesVivenda labrega de dúas plantas e faiado 
- 
						                                            
- 
						                                            SillobreCasa de piso tradicional con planta rectangular que posúe como elementos singularizadores uns arcos rebaixados que coroan os linteis das portas enforntadas da vivenda. 
- 
						                                            SillobreCombina elementos da arquitectura rural coa estética e a funcionalidade urbana. Son dúas vivendas acaroadas, unha con baixo e faiado con cuberta a dúas augas e outra de planta rectangular con baixo, primeiro andar e faiado con cuberta 
- 
						                                            SillobreTen a planta rectangular e arredor dela agrúpanse as dependencias adxectivas da vivenda. 
- 
						                                            ManiñosO faiado e o primeiro andar mostran dúas solucións para enmarcar vans, con madeira ou con grandes pezas de granito. 
- 
						                                            SillobreComposta por dúas plantas e faiado leva o contorno das fiestras en madeira e o da porta principal composto por grandes pezas de granito. 
- 
						                                            SillobrePermanece deshabitada e presenta a planta cadrada con baixo, primeiro andar e cuberta a dúas augas. Ten dúas fiestras na fachada frontal no rpimeiro andar e unha soa no baixo, ao carón da porta principal. 
- 
						                                            FeneCasa tradicional de planta cuadrangular e tres alturas 
- 
						                                            PerlíoCasa reformada pero que conserva aínda moitas das características propias dunha casa tradicional. 
- 
						                                            SillobreVivenda rural tradicional pertencente ao tipo de piso ou tamén chamada 'casa coruñesa'. Conta cun hórrreo tipo Cabanas. 
- 
						                                            FeneCasa de planta rectangular e tres alturas 
- 
						                                            PerlíoVivenda grande con planta terrea, primeiro andar e faiado sobre planta rectangular e con cuberta a dúas augas con tella do país. 
- 
						                                            
- 
						                                            
- 
						                                            
- 
						                                            
- 
						                                            ManiñosVivenda deshabitada que agora ten un uso secundario e na que a vivenda actúa como eixo central para as edificacións auxiliares. 
- 
						                                            SillobreTrátase dunha vivenda illada coas correspondentes construcións adxectivas e que ten en fronte unha casa de sobrado, primeira vivenda familiar. 
- 
						                                            SillobreUnha edificación conformada por dúas casas de piso, no lugar do Belelle, na que as construcións adxectivas foman un patio aberto. 
- 
						                                            PerlíoConstrucións acaroadas que teñen como núcleo central unha casa de piso con planta en L. 
- 
						                                            
- 
						                                            SillobreA vivenda está rodeada dun muro de pedra e ten entre as construcións adxectivas un hórreo perfectamente conservado. 
- 
						                                            ManiñosTrátase dunha construción sinxela, de baixo e primeiro andar a partir dunha planta cadrada. 
- 
						                                            SillobreExemplo claro e recente da rehabilitación dunha construción tradicional rural. 
- 
						                                            SillobrePosúe planta rectangular que segue a configuración tradicional e ten apegada unha bodega pequena que tamén se rehabilitaou. 
- 
						                                            SillobreTamén no lugar de Belelle atópase esta vivenda tradicional, de piso, e rehabilitada conservando as principais caracteristicas deste tipo de vivendas. 
- 
						                                            SillobreConstrución con planta en forma de L e dividida en baixo, primeiro andar e faido. A vivenda está agora deshabitada pero pertenceu a unha relevante familia da parroquia. 
- 
						                                            SillobreConstruída a finais do XIX esta casa de sobrado, que aínda está habitada, divide o seu espazo doméstico en tres ámbitos: a cociña, a corte e o sobrado. 
- 
						                                            SillobreUnha vivenda de sobrado que responde, na súa meirande parte, á configuración clásica deste tipo de vivendas. 
- 
						                                            FeneCasa tradicional de planta rectangular 
- 
						                                            SillobreVivenda tradicional ben conservada e que aínda se emprega para acubillar o gando. Na súa estrutura apréciase xa certa complexidade. 
- 
						                                            LimodreCasa rectangular, de dúas alturas e tres vans en cada unha delas coa cumieira paralela á fachada principal. 
- 
						                                            LimodreVivenda de planta rectangular de dúas alturas e que xoga no despece dos esquinais co contraste da cor. 
- 
						                                            LimodreVivenda co baixo decorado con imitación ao despece de pedra e que se volve trapezoidal no linteis para remarcar os vans. 
- 
						                                            
- 
						                                            
- 
						                                            SillobreDúas edificacións únense para conformar a vivenda, unha delas de planta tradicional rectangular e a outra estruturada en baixo, primeiro andar e faiado con cuberta a catro augas. Leva decoración en altorrelevos zoomórfic 
- 
						                                            SillobreOrixinariamente todas as construcións formaba parte dunha única casa. O corpo principal leva a planta en L e fórmano o baixo, o primeiro andar e o faiado. 
- 
						                                            PerlíoVivenda deshabitada e composta por baixo e baixocuberta que se cobre con tella do país a dúas augas. Nun dos costados ten acaroado un alpendre que sufriu bastantes modificacións. 
- 
						                                            SillobreAs numerosas modificacións e reformas que viviu nos últimos anos desvirtúan o conxunto orixinal pero mantén a estrutura básica dunha casa de piso. 
- 
						                                            LimodreVivenda de traza rectangular con semisoto e primeira planta e coa cuberta de tella plana. 
- 
						                                            BarallobreEdificación construída no ano 1931 por D. Manuel Bouza 
- 
						                                            ManiñosCasa de estilo indiano 
- 
						                                            
- 
						                                            
- 
						                                            PerlíoVivenda unifamiliar illada construída nos anos 40. Trátase dunha casa sobriamente ornamentada. 
- 
						                                            ManiñosCasa indiana de planta rectangular 
- 
						                                            FeneVivenda unifamiliar de estilo indiano 
- 
						                                            PerlíoTen tres dos trazos singulares destas edificacións: o predio máis alto ca beirarrúa, organízase a partir dun volume cúbico e concentra a ornamentación nos recercos dos vans. 
- 
						                                            
- 
						                                            ManiñosVivenda con dous corpos de diferente altura 
- 
						                                            ManiñosConstrución de planta rectangular e tres alturas 
- 
						                                            
- 
						                                            SillobreCasa de piso reformada que conta cun interesante alpendre coa fronte aberta e cuberta a dúas augas. 
- 
						                                            SillobreCasa tradicional de piso distribuída en baixo, piso e faiado que leva na fachada principal tres fiestras cun lintel con forma de arco rebaixado. 
- 
						                                            LimodreDe traza rectangular alongada desenvólvese en dúas alturas, na primeira éntrase á vivenda principal e ás cortes e na segunda o máis destacado son as fiestras. 
- 
						                                            SillobreConstruíuse no primeiro terzo do século XX e ten planta rectangular con cuberta a dúas augas. 
- 
						                                            SillobreVivenda con planta en L que conta con baixo, piso e faiado. Nos arredos ten varios alpendres e dependencias auxiliares da casa. 

 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	 
						                                                            	