XII Concurso de Tapas do Concello Fene

XII edición do Concurso de Tapas de Fene, que se desenvolverá dende este venres, 8 de novembro, ata o 24 do mesmo mes. Nel, tomarán parte 11 establecementos hostaleiros, que ofrecerán as súas propostas culinarias, ao prezo único de 1,50 euros, nas dúas modalidades propostas: a tapa creativa e a tapa tradicional.

De venres a domingo, nos seguintes horarios: venres de 20 a 22 horas; sábados de 13 a 15 e de 20 a 22 horas e, os domingos, de 13 a 15 horas. Deste xeito, os locais participantes, xunto ás súas propostas, son os seguintes: Agarimo (Polbo montado); A Ponte (Do Ganges ao Cádavo); Lembranza (Fajita Don Quijote); Friends (Mar e terra Friends); Nuevo Tarnas (Ovo en cazola); O Son da Cociña (Tosta Strogonoff); Candajo 103 (Xamón ao caldeiro); Jesy Bar (Caralludo); Pachamama (Salpicón de rape con emulsión de cítricos); Tívoli (Tosta Galega), e Encontro Leos (Salpicón).