Fene ao día

Novas

  • Medio Ambiente pon en marcha unha campaña informativa sobre o trampeo de velutinas

    Stop Vespa Velutina. Baixo este lema, comeza a campaña da Concellería de Medio Ambiente de Fene para concienciar á veciñanza sobre a importancia de iniciar nestas datas o trampeo das novas raíñas fundadoras (xa que cada raíña cazada supón un niño evitado). E nesta época, ao redor da primavera é fundamental xa que, desde principios de marzo até o mes de maio, é cando as raíñas empezan paulatinamente a espertar da súa hibernación e comezan a súa actividade.

  • Impacto do uso precoz de pantallas no desenvolvemento do cerebro

    O vindeiro luns, 18 de marzo, a Casa da Cultura de Fene acollerá a sesión “ O impacto do uso precoz de pantallas no desenvolvemento do cerebro”.

    Para facilitar a asitencia das familias contamos, como xa ven sendo habitual nestas sesións, cun servizo de conciliación* que require inscrición previa.

  • Máis de douscentos bailaríns tomarán parte este domingo no XI Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene

    Volve unha das probas de baile deportivo máis importantes e consolidadas da tempada. O XI Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene celebrarase este domingo no pavillón de San Valentín co aliciente de ser a primeira proba puntuable do ranking nacional en Galicia. A competición iniciarase ás dez da mañá e desenvolverase durante toda a xornada, contando con 4 especialidades recoñecidas pola Federación: Standard/Latino, Single, Caribeños e Danza Coreográfica.

Ver máis

Axenda