Benvida

Saúdo do alcalde

Esta é unha das portas dun Concello, da túa casa. Dámosche a benvida á web municipal do Concello de Fene, unha fenestra na que atoparás actualidade local, información de servizo e poderás realizar moitos dos trámites das túas xestións administrativas.

Desde este espazo poderás seguir o labor da Corporación municipal para mellorar a calidade de vida da veciñanza e situar as persoas no centro das políticas municipais, coa sustentabilidade, a accesibilidade, a cohesión do territorio, o impulso do feminismo e da igualdade, a proxección cultural e deportiva como eixos fundamentais.

Queremos que a veciñanza o tecido asociativo sexan as protagonistas polo que queremos que vexas nesta web cun medio máis de comunicación directa co teu concello. Aquí atoparás, ademais da actualidade informativa municipal, avisos e anuncios, ofertas de emprego público ou mesmo a programación de actividades nas que te convidamos a participar.

Ficamos ao teu dispor. Esta páxina, como todo o Concello, é para que teñas a administración municipal aínda máis preto de ti. Comunícate connosco. Estamos á espera das túas suxestións, as túas demandas e os teus consellos. A nosa obriga e o noso desexo é poder atendelos como a veciñanza de Fene merece para que, man a man, construamos un concello mellor. Tamén para iso, contamos contigo.

Juventino J. Trigo Rey

Alcalde de Fene

Ligazóns