Novas

21-11-2017 -

"Nin unha menos!!" Fene contra a violencia machista

Fene volve a ser municipio anfitrión dos actos organizados pola MMM de Ferrolterra que este ano elixiu o lema "O machismo oprime e mata dende a infancia", co que se quere reflexionar sobre o aumento de casos de violencia contra menores, vítimas utilizadas e asasinadas "coa única finalidade de facerlle o máximo dano á muller, á nai".
 
 
 
 
16-11-2017 -

O Concello dálle luz verde á contratación das obras do saneamento no Feal e no Regueiro

O proxecto sairá a contratación co obxectivo de levar o saneamento a vivendas que quedan preto da rede xeral nos lugares do Feal e do Regueiro, en Magalofes e Sillobre respectivamente.
16-11-2017 -

O que se enchufa, recíclase

Fene súmase a Campaña  ‘O que se enchufa, recíclase’ a prol da reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos.  A iniciativa  instalará colectores nos establecementos  de Fene e traerá do 16 ao 21 de novembro un punto de información á  Praza do Ameneiral de Perlío.
15-11-2017 -

Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz presentan este venres no Museo do Humor "Falar sen cancelas"

Continúa o ciclo de monólogos organizado pola Concellería de Cultura de Fene, coa colaboración da Deputación da Coruña, no Museo do Humor de Fene. A terceira sesión do “Novembro, mes do humor” traerá a Fene este venres, 17 de novembro, aos humoristas Fran Rei, Isabel Risco e Pedro Brandariz cun espectáculo titulado “Falar sen cancelas”.
14-11-2017 -

O Concello de Fene clausura o obradoiro de creación literaria "A Grafía da Emoción"

O acto de clausura da actividade A Grafía da Emoción terá lugar este xoves 16 de novembro ás 18.30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Fene. Repartiranse entre os asistente exemplares da publicación “Voces do Obradoiro” cunha compilación dos poemas elaborados nas distintas sesións do taller.  
14-11-2017 -

O 16 de novembro doa sangue en Fene. Ti dás o tipo

Un autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS) estacionará o xoves 16 de novembro diante da Casa do Concello en horario de 9.30 e as 14.30h. e de 15.30 a 21.00h.
13-11-2017 -

Representantes municipais celebran o vixésimo aniversario do Fondo Galego de Cooperación

Discursos e actuacións combináronse nun gran acto polos 20 anos da entidade, que desde o pasado 8 de novembro ocupa a Presidencia da Confederación de Fondos a nivel estatal
13-11-2017 -

O poeta Carlos Lixó gañador do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

O libro Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre, do poeta Carlos Lixó Gómez, obra gañadora na XXX edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé
10-11-2017 -

O Concello de Fene busca implicar á hostalaría na prevención do abuso do alcol

Sesión dirixida a responsables de bares e restaurantes coorganizada pola área municipal de Benestar e a Fundación Alcohol y Sociedad, dentro da campaña "Ti serves, ti decides" coa que se pretende unha implicación activa da hostalaría na prevención do abuso de bebidas alcólicas e do alcolismo.
10-11-2017 -

O Concello de Fene busca implicar á hostalaría na prevención do abuso do alcol

Sesión dirixida a responsables de bares e restaurantes coorganizada pola área municipal de Benestar e a Fundación Alcohol y Sociedad, dentro da campaña "Ti serves, ti decides" coa que se pretende unha implicación activa da hostalaría na prevención do abuso de bebidas alcólicas e do alcolismo.