Dixomedíxomes
Trala publicación do extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia núm. 32, do luns 17 de febreiro de 2025, o Concello de Fene informa da apertura do prazo para presentar obras a unha nova edición dos “Premios Curuxa” do Museo do Humor Xaquín Marín. As persoas interesadas en participar poderán entregar ou remitir os seus debuxos ao Rexistro Xeral do Concello até o vindeiro 31 de maio.
Novamente, nesta edición, haberá tres categorías: Curuxa, para maiores de 25 anos; Curuxa Nova, para persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos; e Caricatura, na que poderán participar debuxantes a partir dos 16 anos. Como novidade, estipúlase nas bases que “calquera obra creada total ou parcialmente coa axuda da intelixencia artificial quedará automáticamente excluida do certame. As obras deberán ser de creación manual ou dixital directa por parte do/da artista”.
O Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial, empresa de referencia na edición de banda deseñada e novela gráfica en galego, volven unir as súas forzas para “achegar os escolares galegos ao mundo da banda deseñada, fomentando a súa creatividade dende unha perspectiva humorística”. Baixo esta previsa, ámbalas dúas entidades convocan o III concurso de banda deseñada de humor Demo pequeno.
O certame, para o que xa está aberto o prazo de presentación de obras, vai dirixido a mozos e mozas galegos de 8 a 16 anos, que poderán participar de xeito individual ou por equipos de dúas persoas (guionista e debuxante) nas seguintes categorías: Infantil, para rapazada de 8 a 11 anos, ou Xuvenil, para mozos e mozas de 12 a 16 anos. Valorarase “a composición do debuxo e o uso de diferentes técnicas pictóricas pero tamén a propia historia e o sentido humorístico da mesma”. O prazo de presentación de orixinais finalizará na medianoite do domingo 18 de maio de 2025.
O premio convócase co obxectivo de achegar os escolares galegos ao mundo da banda deseñada, fomentando a súa creatividade desde unha perspectiva humorística. Valorarase a composición do debuxo e o uso de diferentes técnicas pictóricas pero tamén a propia historia e o sentido humorístico da mesma.