Noticias

24-08-2026

As citas para apuntarse nas prazas libres das escolas deportivas e culturais municipais comezarán a darse o día 7 de setembro

As citas poderán solicitarse a partir do 7 de setembro e o prazo de matrícula presencial estará aberto do 10 ao 17 de setembro. Será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira.

Para solicitar CITA PREVIA temos que ter en conta os seguintes prazos:

Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 7 e 8 de de setembro de 9:00 a 14:00 horas

Poboación en xeral: 9 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas

A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812

21-08-2026

Exposición Ramón Otero Pedrayo na Casa da Cultura dende o luns 25 de agosto

A Casa da Cultura acollerá do 25 e agosto ao 11 de setembro unha exposición sobre Ramón Otero Pedrayo, (1888 - 1976). Poderá visitarse de 10.00 a 14.15 h na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene.

A exposición foi producida pola Editorial Galaxia para a Fundación Penzol e a Cátedra Otero Pedrayo da USC e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

A mostra, de carácter divulgativo, percorre a vida e os fitos máis salientables nas múltiples facianas do chamado “patriarca” das letras galegas, a partir de catro seccións cronolóxicas.

O campo municipal Os Pinares acolle este sábado o III Torneo de fútbol do Concello de Fene

O Campo Municipal Os Pinares (Perlío) converterase este sábado 22 de agosto no escenario da terceira edición do Trofeo de Fútbol Concello de Fene. A competición, concibida como un triangular amigable de pretempada, reunirá ás tres entidades deportivas de referencia do municipio: o Cultural Maniños SD, o CCRD Perlío e a SD Barallobre. As actividades darán comezo ás 18:30 horas e a xornada contará con acceso libre e gratuíto para todo o público asistente.


Fene estreará a finais de agosto o I Festival Intercéltico “Fene Interculturas”

O Concello de Fene e Airiños de Fene organizarán os vindeiros 29 e 30 de agosto o I Festival Intercéltico "Fene Interculturas", unha nova iniciativa cultural que nace coa vocación de converterse nun referente para a promoción da música e das tradicións populares de Galiza e doutros territorios da cultura atlántica.


O festival foi presentado na Casa do Concello, nun acto no que se puxo de manifesto a importancia desta primeira edición como unha aposta por afortalar a identidade cultural, favorecer o intercambio entre agrupacións e achegar a música tradicional á veciñanza de todas as parroquias.


Fene reivindica a memoria democrática no Día da Galiza Mártir cunha homenaxe a Ramón José Souto e a inauguración da exposición “Castelao e a maldición do franquismo”

O Concello de Fene conmemorou esta mañá o Día da Galiza Mártir cun acto institucional que combinou a inauguración da exposición “Castelao e a maldición do franquismo” e a tradicional homenaxe a Ramón José Souto González, alcalde de Fene asasinado pola ditadura franquista tras o golpe de Estado de 1936.


A xornada comezou na Casa do Concello coa apertura da mostra promovida por Emisoras Municipais Galegas, na que participaron a alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, representantes das entidades colaboradoras e os autores da exposición, a profesora Anxos García Fonte, responsable do guión, e o ilustrador Carlos Sardiña, autor do deseño.


Axenda

Tamén en fene.gal