15-09-2026

A alcaldesa de Fene inaugurou este luns na Casa da Cultura o curso de formación en competencias dixitais para maiores de 55 anos

Catorce persoas participan desde este luns en Fene nun curso básico de formación en competencias dixitais co obxectivo de impulsar a súa autonomía no manexo de ordenadores, móbiles e redes sociais. A alcaldesa do Concello de Fene, Alejandra Permuy, foi a encargada de dar a benvida aos participantes, inaugurando esta formación que é froito da colaboración entre o Concello de Fene e a fundación Cibervoluntarios.
Trátase dun curso básico no que as persoas participantes aprenderán a navegar de forma segura por Internet, realizar xestións coa Administración electrónica e a banca dixital. Ademais, iniciaranse no emprego de redes sociais e ferramentas dixitais de maneira creativa e segura; comunicaranse por videochamada e descubrirán plataformas e apps para a aprendizaxe, o lecer e a saúde.
01-09-2026

Iniciación ao mundo dixital para maiores de 55 anos

O concello de Fene en colaboración coa fundación Cibervoluntarios organiza un curso gratuíto de formación en competencias dixitais para impulsar a autonomía dixital en maiores de 55 anos, os días 14 e 16 de setembro de 2026.
11-08-2026

Campamento dixital na Casa da Cultura de Fene

O concello de Fene en colaboración coa fundación Cibervoluntarios organiza un cursos de formación en competencias dixitais para nenos e nenas entre os 9 e 13 anos de idade, os días 17, 18, 19 e 20 de agosto de 2026.
25-06-2026

Clausura do programa Seráns Activos 2025-26

A concellería de Benestar Social de Fene clausurou o pasado venres 22 de xuño os Seráns Activos do programa de Envellecemento Activo. O acto, presidido pola alcaldesa Sandra Permuy e o concelleiro de Benestar Social Manuel Polo, contou coa participación de representantes das entidades sociais do termo municipal.
Nesta derradeira sesión proxectouse unha presentación de fotos nas que se amosaba o traballo realizado durante o curso académico e realizouse unha dinámica de grupo. A continuación, a alcaldesa e o concelleiro entregaron os diplomas ás persoas participantes e, para rematar a velada, organizouse unha merenda.
17-06-2026

Enquisa para avaliación do IV Plan de Igualdade do Concello de Fene 2023-2025

Dende a Área de Igualdade Municipal estase a avaliar o IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Fene (en adiante PIOMH), aprobado no Pleno Municipal o 5 de decembro de 2023. Unha vez rematada a vixencia do mesmo (2023-2025) compre proceder á súa Avaliación Final.
A avaliación dun Plan de Igualdade é un proceso participativo que precisa das achegas, suxestións e opinións de todas as persoas implicadas, polo que a colaboración cidadá é de gran importancia.
26-05-2026

Presentación do libro Por que ninguén falou delas

O Concello de Fene, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, organiza para este venres, 29 de maio, ás 19 horas na Casa da Cultura, a presentación do libro Por que ninguén falou delas, da autora Belén López Cillero. A obra investiga a represión sistemática exercida polo franquismo contra as mulleres da clase obreira, empregando como ferramenta o Patronato de Protección a la Mujer entre 1941 e 1985.
Segundo informan os Servizos Sociais municipais, a presentación desta obra organízase co obxectivo de que a veciñanza de Fene e bisbarra “poida coñecer de primeira man a nosa realidade histórica recente, para así poder combater a onda reaccionaria que se está a expandir entre a xente máis nova. 
26-05-2026

Educar en saúde

A Casa da Cultura de Fene acollerá o vindeiro 11 de xuño, ás 18 horas, unha xornada informativa dirixida a familias, entidades sociais e Anpas co obxectivo de “Educar en saúde”. A charla centrarase na sensibilización e información sobre os distintos tipos de bebidas (enerxéticas, azucradas, alcohólicas), nas diferencias entre tabaco, cigarros electrónicos e vapers; e as súas repercusións na saúde. Correrá a cargo da educadora social Cristina Fernández Carballeira e da pedagoga María José Paz Rodríguez.
No decurso deste acto, analizarase a lei 6/2025 do 23 de decembro de protección da saúde das persoas menores e prevención de condutas adictivas. Tamén se adicará un tempo para compartir coas familias como se aborda esta temática cos/as menores desde os obradoiros que se están a impartir nos centros escolares.
23-04-2026

Internet seguro para menores

O concello de Fene en colaboración coa fundación Cibervoluntarios organiza un cursos de formación en competencias dixitais para familias, entre as datas comprendidas do 19 de maio ao 2 de xuño de 2026.
Trátase dun programa de formación en prevención familiar e comunitaria e ten como finalidade evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables, tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.
As inscricións realizaranse no centro municipal de Servizos Sociais na caixa de correo servizos.sociais@fene.gal.
 
17-04-2026

Mellor acompañad@

O concello de Fene en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia organiza un cursos de formación en competencias dixitais para maiores de 60 anos, entre as datas comprendidas do 5 e o 26 de maio de 2026 .
12-02-2026

Vacacións en paz 2026

Un ano máis o Concello de Fene fai un chamamento a todas aquelas familias que desexen e podan acoller temporalmente na súa familia a menores do Campamento de Tindouf durante os meses de xullo e agosto de 2026.
As familias interesadas disporán de todo o apoio e asesoramento que precisen para poder exercer este acollemento a través da asociación, Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí, que xestiona o programa. O Concello de Fene  sufragará os gastos derivados das viaxes dos nenos e nenas que sexan acollidos por familias deste Concello.