Novas

15-10-2024

Fene celebrará a súa IV Gala do Deporte o 30 de novembro

O Concello de Fene vén de facer públicas as bases que rexerán a organización dunha nova edición da Gala do Deporte, evento co que se pretende “reunir ás persoas e entidades do deporte fenés ao redor dun día de festa no que salientar o labor de quen contribúen a desenvolver e ampliar a práctica deportiva no noso Concello”. Recoñécese, deste xeito, o seu traballo e traxectorias deportivas relevantes no ano ou tempada 2023-4. Poderán optar tanto as persoas físicas, clubs deportivos como as entidades do municipio que cumpran os requisitos establecidos en cada unha das categorías. A Concellería de Deportes habilitou a dirección de correo electrónico deportes.fene@gmail.com para o envío de información (até as 23.59 horas do 31 de outubro), resolución de dúbidas e consultas referentes ao evento que terá lugar o sábado 30 de novembro, ás 20 horas, no pavillón da Xunqueira de San Valentín. Os nomes dos premiados daranse a coñecer publicamente na páxina web do Concello.
 
04-10-2024

O vindeiro luns abre o prazo para apuntarse á Andaina por San Valentín que terá lugar o sábado 19 de outubro

O roteiro, de aproximadamente 8 kilómetros de lonxitude e tres horas duración, comezará no  CPS de San Valentín e terá como principais puntos de interese no percorrido: Paseo marítimo de S. Valentín - O Puntal - Pazo da Mercé (con paradiña) - Senda ponte do tren - Mosteiro San Martiño do Couto (con paradiñas) - Senda da Ponte do tren (con paradiña) - Estación de Neda- O Puntal - Camiño do Regueiro, e remate no CPS de San Valentín.
As prazas son limitadas, 50 por aindaina, e segundo informan desde a Concellería de Deportes, non poderán participar máis persoas das inscritas.
27-09-2024

Horarios de adestramento nos pavillóns polideportivos A Xunqueira e O Ramo durante a tempada 2024-25

Unha vez rematado o prazo de solicitude de adestramento establecido para clubs/entidades de fóra de Fene e para particulares (26 de setembro) nos pavillóns polideportivos do Ramo e da Xunqueira para a tempada 2024 – 2025, o Departamento de Deportes do Concello de Fene concede os horarios definitivos.  A concesión das horas establécese tendo en conta toda a normativa aplicable sobre instalacións deportivas do Concello de Fene.
20-09-2024

O vindeiro luns abre o prazo para apuntarse á Andaina por Fene que terá lugar o sábado 5 de outubro

O roteiro, de aproximadamente 6,5 kilómetros de lonxitude e hora e media de duración, comezará no CMI Unidade de Fene e terá como principais puntos de interese no percorrido: o parque do pallaso, o Camiño Inglés, a escola de Fonte do Campo, a Casa da Cultura, a igrexa de Fene, os murais do Perla Mural Fest 2023 e 2024, o parque liñal do río Cádavo, Santa Ana e Concello ou Xulgado. Pódese consultar o itinerario completo no seguinte enlace. As prazas son limitadas, 50 por aindaina, e segundo informan desde a Concellería de Deportes, non poderán participar máis persoas das inscritas.
18-09-2024

Horarios tempada 2024-2025

A Concellería de Deportes publica os horarios de adestramento para equipos federados de Fene do pavillón polideportivo da Xunqueira en San Valentín e do Ramo durante toda a tempada 2024/2025.

Os equipos non federados, asociacións deportivas non federadas e particulares poderán solicitar as horas que queden libres. Teranse en conta tamén solicitudes de equipos federados do Concello. O prazo de solicitude será do 19 ao 26 de setembro.
13-09-2024

O luns abre o praza de inscrición na andaina por Magalofes

As persoas interesadas en inscribirse na andaina por Magalofes do vindeiro 28 de setembro poderán facelo a partir do vindeiro luns día 16. Cómpre anotarse nas dependencias do Departamento de Deportes (Avda Naturais, 44, entrechán dta., Fene, ou no 981 340 366) en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.
As prazas son limitadas, 50 por aindaina, e non poderán participar máis persoas das inscritas.
03-09-2024

Aberto o prazo de inscrición nas andainas de Maniños e Sillobre

Estas rutas encádrase no programa “Andainas por Fene”; roteiros organizados en colaboración coas sociedades parroquias e Eroski- cos que o Concello quere dar a coñecer á veciñanza a riqueza paisaxística e patrimonial do conxunto do territorio local mentres se goza dunha actividade saudábel ao aire libre.
 
30-08-2024

O 2 de setembro a piscina municipal e o Pavillón Municipal A Xunqueira abren as súas portas

Nesta liña, durante o mes de setembro, os horarios de apertura ao público nas instalacións deportivas serán:

PISCINA MUNICIPAL DE CENTEIRAS
De luns a venres horario de apertura de 17:00 a 22:00 h.
Sábados de 17:00 a 20:00 h.
Domingos instalación pechada.

PAVILLÓN MUNICIPAL A XUNQUEIRA
De luns a venres, para os adestramentos de pretempada, de 18:00 a 22:00 h.
29-08-2024

Cubertas as 50 prazas da andaina que percorrerá Limodre este domingo 1 de setembro

A andaina de aproximadamente 6 km, sairá ás 10.00 h da Escola de Limodre e percorrerá: Camiño do Campanario-Cemiterio de Limodre-Estrada de Laraxe-Camiño do Castelo-Camiño do Cotillón-A Fonte-A Penela-Camiño Capela de Gaspar-Estrada Almieiras-Camiño da Costa-Muíño de Mareas-Estrada Almieiras-Atallo a Rachabordos-Rachabordos-Ponte Morás-A Fonte-Estrada de Cabanas-Chegada á Escola de Limodre.

As persoas interesadas en inscribirse na andaina por Maniños do vindeiro 7 de setembro, ainda están a tempo, cómpre anotarse nas dependencias do Departamento de Deportes (Avda Naturais, 44, entrechán dta., Fene, ou no 981 340 366) en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.
29-08-2024

Horarios adestramento

O Departamento de Deportes publica os horarios de adestramento para a tempada campo de Fútbol Os Pinares e Pretempada pavillón a Xunqueira (do 1 ao 30 de setembro).

Doutra banda, lémbrannos que os prazos para entregar as solicitudes de adestramento da tempada 2024/2025 para os clubes federados de Fene seguen abertos até o 16 de setembro para o Pavillón Polideportivo de A Xunqueira e O Ramo.