O Concello de Fene foi beneficiario en 2022 de varias axudas da Deputación da Coruña para o mantemento de persoal técnico das Concellerías de Cultura e Deportes
02-06-2022
Ao abeiro das convocatorias da Deputación da Coruña FO106, FO206 e FO216, o Concello de Fene recibiu en 2022 senllas subvencións do organismo provincial para o mantemento dos postos de técnica de deportes, animadora sociocultural municipal e responsable do Museo do Humor Xaquín Marín. A contía das axudas percibidas ascendeu a 45.000 € (a razón de 15.000€ para o posto de técnica de Deportes, 10.000€ para o de animadora sociocultural e 15.000€ para o de responsable do Museo do Humor Xaquín Marín)