QUE SON as notificacións electrónicas?
A notificación electrónica é un mecanismo telemático de notificación contemplado Lei 39/2015 de acceso
electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Substitúe a notificación en papel e ten plena validez xurídica.
QUE TEÑO QUE FACER para que o Concello de Fene me notifique de forma electrónica?
O primeiro paso é indicar na solicitude que se queren recibir notificacións telemáticas para os expedientes que xere a dita solicitude.
Os formularios de solicitude do Concello de Fene incorporan unha cela na que se pide que se indique o enderezo electrónico habilitado, que non é máis que a conta de correo electrónico na que se recibirán os avisos de que se recibiu unha notificación.
A ONDE me chegan as notificacións?
As notificacións telemáticas chegan a través do servizo Notific@ da Xunta de Galicia.
Neste portal podemos consultar as notificacións que recibimos e aceptalas ou rexeitalas.
COMO SEI que recibín unha notificación?
Os avisos das notificacións telemáticas chegan ao enderezo electrónico habilitado indicado na solicitude.
O servizo tamén se pode configurar para recibilos por SMS.
En caso de dúbida contacte coa oficina de rexistro do Concello de Fene e verifique que os datos de conta de correo e teléfono móbil están incorporados na súa ficha.
QUE NECESITO para acceder ás miñas notificacións?
A nivel técnico, o que se necesita para poder acceder á plataforma Notific@ da Xunta de Galicia é o seguinte:
Certificado dixital ou DNI electrónico:
Para poder acceder ao contido das notificacións deberase utilizar a aplicación Autofirma. Se non a ten instalada, descargue a aplicación e instálea seguindo as instruccións que atopará no portal Notific@ da Xunta de Galicia
- Un navegador (Google Chrome, Mozilla Firefox)
- Ter instalado e actualizado Java no equipo
- Un enderezo electrónico habilitado
QUE SERVIZO TÉCNICO dispoño como cidadá?
A Xunta de Galicia proporciona un servizo técnico no teléfono 012 e no correo-e 012@xunta.es. Fóra de Galicia : 981 900 643.
COMO ACCEDO ás notificacións recibidas?
O proceso é o seguinte:
- Accedemos a xunta.gal
- Prememos en Entrar co certificado dixital
- Abrimos as notificacións pendentes
Cando recibimos a primeira notificación, o sistema danos de alta en Notific@ de forma automática.
Se por algún motivo nos désemos de alta na plataforma Notific@ antes de recibir a primeira notificación, deberemos subscribirnos manualmente a todos os servizos do "organismo emisor" Concello de Fene, seleccionando todos os servizos e premendo en "Medio electrónico".
QUE OUTRAS COUSAS podo facer?
No menú de opcións de Notific@ podemos configurar as seguintes funcionalidades:
- Modificar os nosos datos persoais. É recomendable revisalos a primeira vez que se accede á plataforma.
- Engadir correos electrónicos adicionais para recibir avisos de notificacións. Nos datos persoais, no campo de correo electrónico, pódende indicar varios enderezos, separados por punto e coma (;).
- Indicar un número de móbil para recibir os avisos de notificación por SMS.
- Autorizar a outras persoas para que podan acceder e/ou aceptar notificacións no noso nome. Isto é, nesta pantalla pode vostede autorizar a outras persoas para:
- Acceder as súas notificacións, é dicir, ler a información das notificacións que xa foron aceptadas por vostede, ou rexeitadas.
- Aceptar e acceder as súas notificacións, e dicir, aceptar ou rexeitar as notificacións no seu nome e acceder ao seu contido.
- Debe ter en conta que a persoa á que autoriza debe estar previamente dada de alta no sistema.