Programas municipais

Programa Nadal

Programación Cultural para o nadal na que se busca chegar a todas as idades e aos diferentes gustos, ofrecendo oportunidades de practicar deporte, asistir á unha aula de xogo, disfrutar de contacontos e mesmo de espectáculos de música e maxia.

Verán Máis Alá!

O Verán Máis Alá! ten os seus propios valores engadidos que transmite desde o seu nacemento, no conxunto destes valores atópanse a igualdade, a participación, o traballo en grupo, a integración e a diversidade. O obxectivo principal é sempre o de aprender dun xeito divertido e diferente no tempo de lecer.

Axudas ás comparsas de entroido

Axudas en concepto de colaboración ás comparsas que participen nos actos programados con motivo do Entroido.

Programación de verán

Tódolos anos o Concello de Fene programa un amplo cartel de actos, concertos e actividades culturais para os meses de verán.

Programa de educación viaria

A educación viaria como disciplina transversal é un dos programas educativos que se ofertan dende este Departamento mediante un amplo abano de actividades a desenvolver nas instalacións que dispón o Concello de Fene no Parque de Educación Viaria; emprazado no antigo apeadoiro de Renfe, na Parroquia de Barallobre.

Bono-bus universitario

Co obxectivo de contribuír ao financiamento dos desprazamentos en autobús até A Coruña do estudantado fenés que curse estudos universitarios nos campus desta Cidade, o Concello ven de aprobar as bases que rexerán as subvencións para o bono-bus universitario.

Programa de deportes escolar

Dirixido a todo o alumnado de Fene, realízase en colaboración cos centros de ensino. Estrutúrase en xornadas dedicadas ao campo a través, atletismo divertido, xogos tradicionais e milla escolar xunto cun programa ao longo da maior parte do curso dedicado á natación escolar.

Programas e actividades deportivas

Programación estábel por ciclos estacionais promovida directamente polo Departamento de Deportes ou en colaboración co asociacionismo deportivo ou con outras administración.

Programa de natación escolar

O programa de natación escolar intenta garantir o achegamento e coñecemento de todos os nenos e nenas a esta actividade e ao medio acuático, un achegamento que, no caso de querer continuar, poderán facelo nas escolas municipais de natación ofertadas de luns a venres en horario de tarde.

Progama deportivo Nadal

Oferta lúdica e deportiva que os veciños e veciñas teñen á súa disposición durante o mes de decembro.

Ximnasia de verán

Escola de actividade física e mantemento xeral para gozar do deporte ao aire libre.

Exercicio Físico e Saúde, intervención contra a fatiga oncolóxica

Programa dirixido a persoas enfermas de cancro e destinado a diminuír a fatiga producida por esta enfermidade e o seu tratamento.

Programa Xantar na Casa

O programa "Xantar na Casa" é un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades de persoas maiores e/ou dependentes.

Programa Axuda no Fogar

Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas de carácter doméstico e da vivenda, acompañamento persoal na realización doutras actividades necesarias da vida diaria e outros.

Programa para a adquisición dos agasallos para a Festividade de Reis

Concesión de subvencións de pago único anual ás familias con menor nivel de recursos económicos para a adquisición dos agasallos para a Festividade de Reis.

Axudas municipais destinadas á atención de necesidades sociais

Conxunto de axudas e prestacións económicas de carácter non periódico destinadas a paliar ou resolver situacións de emerxencia social, previr situacións de exclusión social e favorecer a plena integración de sectores de poboación que carezan de recursos económicos.

Programa de Educación e Apoio Familiar

Programa público integrado na rede de Servicios Sociais Comunitarios, orientado á prestar un conxunto de actuacións de apoio á familia no ámbito psicoeducativo, relacional, persoal... e cofinaciado pola Deputación Provincial de A Coruña e o Concello de Fene.

Programa de prevención de consumo de drogas na escola (PPCDE)

Os obxectivos destes programas son informar e formar ao alumnado sobre drogas legais e ilegais; axudarlle a desenvolver estratexias para saber resistir a presión do grupo e fomentar o espírito crítico con respecto da publicidade das drogas legais.

Cine e Saúde

Programa de ámbito escolar, de educación en valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos e comportamentais no ámbito escolar a través dos medios audio visuais e as TIC.

Máis que un teito

A finalidade do programa é a de promover unha maior implicación dos pais e nais ou titores como axentes de saúde e fomentar a adquisición das competencias necesarias para que poidan desenvolver esta importante función de forma axeitada.

Entre todos

Mocidade Activa

Con este programa de ámbito xuvenil se fomenta un uso saudable do tempo libre do alumnado de Secundaria a través de diversas actividades lúdico-educativas nos momentos de lecer, incrementando as habilidades básicas para anticiparse aos problemas que poidan xurdir polo uso/abuso de drogas e as habilidades de resistencia.

Formación de mediadores

Programa de ámbito comunitario que se oferta simultaneamente nos concellos de Fene, Mugardos e Neda e lévase a cabo en dúas fases: captación e selección de mediadores/as e formación.

Información/sensibilización

Neste programa de ámbito comunitario desenvolvense campañas de sensibilización e información sobre as consecuencias das drogas legais e ilegais.

Programa de mediación en conductas aditivas

Servizo municipal estabel que presta un conxunto de medidas específicas de incorporación social, especialmente aplicadas de xeito individualizado.

Programa envellecemento activo e participación social


O concello de Fene dende a concellaría de Benestar social e igualdade, oferta o programa de Envellecemento Activo, no que se enmarca Tardes Activas.

Os obradoiros desenvólvense de forma itinerante polas diferentes parroquias do concello a través das entidades veciñais e culturais, que estean interesadas en participar, escollendo obradoiros segundo a demanda veciñal e as entidades colaboran facilitando os locais da cordo coa súa dispoñibilidade horaria.

Todos os obradoiros se realizan un día a semana cunha duración de 1h e 30 minutos.

Construindo Pontes

Con este programa  se pretende promover a implicación das personas    maiores e  de mediana idade, nun proxecto de recuperación da memoria histórica do concello de Fene.