Con este programa de ámbito xuvenil se fomenta un uso saudable do tempo libre do alumnado de Secundaria a través de diversas actividades lúdico-educativas nos momentos de lecer, incrementando as habilidades básicas para anticiparse aos problemas que poidan xurdir polo uso/abuso de drogas e as habilidades de resistencia.

Crear un espazo lúdico dirixido a unha poboación xuvenil dende o cal poder desenvolver un proxecto de hábitos saudables.

Promover a participación comunitaria dos rapaces e rapazas, achegándoos aos recursos e actividades do seu concello.

As actividades propostas para realizar co alumnado adolescente serán entre outras as seguintes:

  • Programa radiofónico lúdico-educativo,
  • Obradoiros,experimentos sociolóxicos pola rúa ou nos centros educativos, asi como outras actividade lúdicas atendendo ás demandas do alumnado.
Áreas
Descargas