Servizo de WhatsApp
O concello de Fene ten dispoñíbeis como canles de información das novas do Concello:
A. Canle de Whatsapp
https://whatsapp.com/channel/0029VaRtYkX7oQhZpMwCGU1C
B. A subscrición ás listas de difusión (648 913 528)
Ambas súmase ás outras redes sociais nas que ten presenza o Concello, isto é Facebook, X (de estrea), Instagram, YouTube.
A. Canle de WhatsApp Concello de Fene
O Concello de Fene activa unha nova canle de comunicación coa cidadanía a través da red social Whatsapp con subscrición anónima, gratuíta e segura.
A diferenza dos grupos, as canles de Whatsapp só permiten a comunicación unidireccional, é dicir, as mensaxes envíanse e as persoas usuarias recíbenas no móbil, pero nin poden contestalas nin o Concello pode tampouco entablar conversas a través desta vía.
Ademais, nas canles mantense a confidencialidade dos datos das persoas subscritas, no sentido de que o Concello só sabe cantas usuarias seguen a canle, pero en ningún caso o seu nome ou número de teléfono. Iso si, se seguimos ao Concello de Fene en Whatsapp poderemos saber que outras persoas da nosa lista de contactos tamén están subscritas á canle.
SEGUIR A CANLE
Basta con premer na ligazón https://whatsapp.com/channel/0029VaRtYkX7oQhZpMwCGU1C para acceder a nosa canle.
Na parte superior da pantalla está habilitado o botón “Seguir”, no que haberá que premer para que quede activado o acceso á canle do Concello de Fene.
Cada vez que se actualice con algún contido, veredes un aviso (de cor verde) no apartado de “Novedades”, no submenú inferior da aplicación.
B. Listas de difusión WhatsApp do Concello de Fene
Procedemento para darse de alta e baixa
Para xestionar a alta na canle de WhatsApp do Concello de Fene as persoas interesadas deben:
1. Gardar como contacto no seu móbil o número 648 913 528 como Novas Fene
2. Enviar un WhatsApp co texto ‘ALTA FENE’. Non é necesario identificarse.
3. Logo, recibirán unha mensaxe confirmando a alta no servizo.
Con este procedemento, os usuarios/as dán o seu consentimento para recibir desde o Concello de Fene información relativa a: novas, incidencias e avisos urxentes, bandos, eventos/convocatorias deportivos, socioculturais e turísticos.
Os usuarios/as recibirán un máximo de dúas alertas ao día, a non ser que existan avisos urxentes. Para darse de baixa, as pesoas usuarias, deberán enviar unha mensaxe ao WhatsApp co texto “BAIXA FENE” e deixarán de recibir a información.
Método de difusión
Os usuarios e usuarias do servizo non poderán ver os datos e información do resto de persoas xa que as novas se envían a través dunha lista de difusión. O Concello de Fene é o administrador do servizo, co que será o propietario do mesmo e desde onde se remitirán as mensaxes.
Normas de uso aquí