Benvida

Saúdo da alcaldesa

Benvidas e benvidos á web do Concello de Fene, unha xanela aberta á información municipal, aos servizos públicos e á participación cidadá. Un espazo de encontro co teu concello, pensado para achegar a administración á
veciñanza, facilitar a realización de trámites e manterte ao tanto da actualidade e dos proxectos que estamos a desenvolver.

Asumo a alcaldía de Fene con orgullo e responsabilidade, como a primeira muller ao fronte do noso Concello, comprometida cun modelo de goberno baseado na proximidade, na igualdade, na honestidade e no traballo diario por
mellorar a calidade de vida de todas e todos.

Cremos nun Concello que poña as persoas no centro, que avance na igualdade real, que elimine barreiras e aposte polos servizos públicos, pola cultura, o deporte, o benestar social e o desenvolvemento sostible. E queremos facelo contigo, contando coa participación da veciñanza, das asociacións, do tecido económico e social, porque Fene constrúese entre todas e todos.

Esta web é un instrumento máis para comunicar, para resolver, para colaborar.

Anímote a facer uso dela e a achegarte ao Concello sempre que o precises.
Estamos aquí para escoitarte, para mellorar contigo e para seguir facendo de Fene un lugar mellor onde vivir.
Contamos contigo.

Sandra Permuy Meizoso
Alcaldesa de Fene

Ligazóns