Delegacións xenéricas
- Resolución da Alcaldía 665/2023
- Resolución da Alcaldía 1225/2023
- Resolución da Alcaldía 573/2025
As delegadacións xenéricas de cada unha das áreas de goberno do Concello de Fene son:
I Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio: concelleiro Manuel Polo Gundín.
II Área de Dinamización do emprego, Seguridade e Participación veciñal: concelleiro Adán Chao Pardo
III Área de Dinamización Económica: concelleira Mª de los Ángeles Coira López.
IV Área de Dinamización Social: concelleiro Justo Martínez Ardá.
As delegacións xenéricas acordadas no apartado anterior suxeitaránse ó seguinte réxime xurídico:
a) Abarcarán a facultade de coordinar as diferentes subáreas nas que se divide cada área, dirixindo os servizos correspondentes, sen prexuízo das facultades de xestión encomendadas aos delegados especiais, pero sen incluir a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
b) A Alcaldía poderá revogar en calquera momento as delegacións efectuadas seguindo as mesmas formalidades aplicadas para outorgalas.
c) A Alcaldía poderá avocar en calquera momento a competencia delegada de acordo co que dispón o artigo 14 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.
d) Corresponderá á Alcaldía resolver las posibles dúbidas que se formulen en relación coa aplicación desta resolución.
Delegacións especiais
I Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio: concelleiro Manuel Polo Gundín
II Conferir a delegación da subárea de Obras (Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio) á
concelleira Mª Carmen Martínez Rodríguez
III Conferir a delegación da subárea de Medio Ambiente (Área de Desenvolvemento Territorial e do
Medio) á concelleira Cristina García Moroño.
IV Conferir a delegación da subárea de Servizos (Area de Desenvolvemento Territorial e do Medio) ao
concelleiro Adán Chao Pardo.
V Conferir a delegación da subárea de Formación e Emprego (Área de Dinamización do Emprego,
Seguridade e Participación veciñal) á concelleira Mª de los Ángeles Coira López.
VI Manter a delegación do servizo de Radio municipal (Área de Dinamización do Emprego, Seguridade
e Participación veciñal) na concelleira Cristina García Moroño.
VII Conferir a delegación da subárea de Persoal (Área de Dinamización do Emprego, Seguridade e
Participación veciñal) ao concelleiro Manuel Polo Gundín.
VIII Conferir a delegación das subáreas de Seguridade e Participación Veciñal (Área de Dinamización
do Emprego, Seguridade e Participación veciñal) ao concelleiro Adán Chao Pardo.
IX Conferir a delegación da subárea de Facenda e Patrimonio (Área de Dinamización Económica) ao
concelleiro Justo Martínez Ardá.
X Conferir a delegación da subárea de Benestar Social (Área de Dinamización Social) ao concelleiro
Manuel Polo Gundín.
XI Manter a delegación da subárea de Cultura (Área de Dinamización Social) no concelleiro Justo
Martínez Ardá
XII Conferir a delegación das subáreas de Xuventude e Deportes (Área de Dinamización Social) á
concelleira Alba García Fariña.
XIII Conferir a delegación da subárea de Ensino (Área de Dinamización Social) á concelleira Cristina
García Moroño.
XIV Conferir a delegación da dirección e xestión dos seguintes cometidos específicos ao concelleiro
Manuel Polo Gundín:
Xestión e canalización do Convenio de colaboración marco para a xestión compartida do
servizo de bombeos da obra “Actuacións de saneamento na zona norte da ría de Ares e na
zona sur da ría de Ferrol (EDAR)”: abranguerá a resolución da problemática económica por
excesivo consumo eléctrico derivada da xestión deste servizo.
Liquidación do contrato de concesión do servizo de xestión do abastecemento e saneamento
e posta en marcha da súa nova xestión
A delegación especial destes cometidos específicos limitarase ao tempo de xestión ou execución dos
proxectos ou resolución dos asuntos.
XV Conferir a delegación da dirección e xestión dos seguintes cometidos específicos á concelleira Mª
de los Ángeles Coira López:
Posta en funcionamento da ampliación de nichos e columbarios do cemiterio municipal:
abranguerá a aprobación da correspondente normativa e xestión da licitación da
adxudicación das concesións administrativas.
A delegación especial destes cometidos específicos limitarase ao tempo de xestión ou execución dos
proxectos ou resolución dos asuntos