O Partido Popular de Fene esta orientado e baseado nas siguientes liñas de actuacion, integradora, reformista, humanista, racional e solidaria, e cun ideario centrista.
Enderezos:
- Sede Fene: Rúa das Cañotas 18 entrechán B - Perlío. Fene
- Na Casa do Concello: Avda. do Concello, s/n. 3º andar - 15500 - Fene
Atención ao público: martes e xoves de 11.00 a 13.00 horas.
Teléfonos e Fax: 981 343 220 / 670 618 162 / Caixa de correo: grupoppfene@yahoo.es
Grupo municipal
- Gumersindo Galego. Avogado, Voceiro.
- Rocío Aurora Bertoa Puente. Avogada.
- Juan Franco Casal. Avogado.
- Juana Barro Couto. Taxista.
- José Andrés Serantes Painceiras. Mecánico.
- Alejadro Jorge Gutierrez Sánchez. Avogado.
- Ana María Novo Picos. Ama de Casa.
O noso proxecto
O traballo do Partido Popular en Fene está orientado e baseado nas seguintes liñas de actuación.
- Integradora: porque entendemos que é un sentimento común compartido pola inmensa maioría do noso pobo.
- Reformista: porque pretendemos mellorar as institucións comúns do Estado para que estas dean acollida ás nosas arelas de autogoberno.
- Humanista: porque sitúa ás persoas, e á garantía do exercicio dos dereitos individuais de todos como primeiro obxectivo.
- Racional: porque condiciona a política institucional á mellora do benestar individual.
- Solidaria: porque quere compartir con outros pobos o obxectivo irrenunciable dunha mellora para todos.
Un ideario centrista
- Integrador: que non exclúe nin descualifica a aqueles cos que non concordamos, nin os consideramos "antigalegos".
- Reformista: que rexeita as involucións no autogoberno.
- Humanista: que rexeita a subordinación do individuo ao grupo.
- Racional: que pensa que as mellores políticas son as que resolven os problemas dos cidadáns.
- Solidario: que quere compartir con todos a necesidade do esforzo común e o apoio mutuo.