Bloque Nacionalista Galego

O grupo municipal do BNG conformou o goberno municipal dende as primeiras eleccións democráticas de 1979 até os comicios de 2007. En febreiro de 2020, o BNG volveu asumir a Alcaldía de Fene e lidera desde entón o goberno local. O grupo municipal é a representación institucional da asemblea local do BNG de Fene e ten a responsabilidade de aplicar na administración municipal as directrices emanadas dos órganos de goberno e dirección do Bloque Nacionalista Galego.

Enderezos:

  • Casa do Concello: De luns a venres de 9.30 a 13:30
  • Na asemblea local do BNG de Fene: Avda. Naturais, 41-Baixo - 15500 Fene

Teléfonos: 981 342 984  / Fax: 981 492 788  / Caixa de correo:  fene@bng.gal

Grupo municipal

A nova alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, naceu en 1974 e é educadora infantil de profesión. Ten unha longa traxectoria vinculada ao compromiso social e institucional, e forma parte da corporación municipal desde o ano 2015, exercendo diversas responsabilidades de goberno ao longo destes anos. Ata a súa elección como alcaldesa, era primeira tenente de alcalde e concelleira de servizos, persoal, igualdade, benestar social e seguridade.

Manuel Polo Gundin  militante do BNG desde os 16 anos, e na actualidade membro do Consello Comarcal e Local. Foi concelleiro en Fene, no goberno e na oposición, durante 8 anos. É deportista, federado en atletismo veterán, e dedícase profesionalmente ao deporte, actualmente como técnico de deportes no Concello de Mugardos. É membro do colectivo dos 19 de Meirás, acusados pola familia Franco de varios supostos delictos por acudir ao Pazo de Meirás en día de visita. E ademais, é o presidente da Anpa O Pazo Ies de Fene. Vive en Perlío.

Ángeles Coira, coñecida como "Peque", é unha das independentes da candidatura do BNG. Unha persoa comprometida e moi activa socialmente. Membro do grupo vocal Entrelas, colabora co coro infantil de Franza e é presidenta da ANPA do CEIP Centieiras.
É diplomada en Graduado SociaL e vive en Perlío.

 Justo Martínez Ardá,  concelleiro de Urbanismo na lexislatura do 2015. Tamén foi concelleiro de Cultura, Deportes e Obras desde o 2016 ata abril de 2018. É diplomado en Maxisterio na especialidade de Educación Física, Delineante e Arquitecto Técnico. Ademais, é fundador da Sociedade As Píntegas, con actividades como fútbol sala e chave, e xogador da S.D. Barallobre

Cristina García, que leva con nós desde o 2015 traballando arreo neste proxecto desde o Consello Local do BNG. Unha muller loitadora e con grande experiencia en mirar polos demais, xa que é auxiliar de axuda a domicilio no Concello de Fene. Titulada en administración e vive en Fene.

Adán Chao, rapaz do Sartego. Técnico superior de sistemas de telecomunicacións e informáticos e traballa no taller de turbinas de Navantia. É afeccionado ao deporte e foi monitor de karate na escola municipal. 

Alba García naceu en Fene en 1991. É terapeuta ocupacional e desenvolve a súa actividade profesional en Teima Down Ferrol, centrando o seu traballo no ámbito das persoas con discapacidade. Durante a súa etapa universitaria estivo vinculada aos Comités e á organización estudantil Erguer, e desde 2019 forma parte da Xunta Directiva do CPS San Valentín.

Súmate a Nós

O BNG é unha organización ampla e aberta, na que ten cabida calquer nacionalista que comparta os seus principios programáticos e acepte os seus estatutos.

De estar interesado en formar parte do BNG o requisito é solicitar formalmente a afiliación. O órgao competente para dar altas no BNG é o Consello Comarcal, polo que tes que solicitala ao BNG na túa localidade ou comarca.

En función da túa idade tamén tes a posibilidade de afiliarte á nosa organización xuvenil Galiza Nova, cos mesmos dereitos no BNG.

Ligazóns