As sesións ordinarias do Pleno da Corporación do Concello de Fene terán carácter mensual, celebrándose as sesións o primeiro xoves de cada mes ás 18:00 horas. No suposto de que o día prefixado fose festivo ou inhábil, celebrarase a sesión co mesmo carácter de ordinaria o inmediato hábil anterior.


O goberno e a administración autónoma do municipio correspóndenlle ao Concello, integrado polo alcalde e polos concelleiros.

Os órganos que integran a organización municipal son os seguintes:

  • Pleno: formado polo conxunto de concelleiros electos, presididos polo alcalde e asistidos pola secretaría xeral. Composición Corporación Municipal. Aquí
  • Alcalde: desempeña as funcións de dirección do goberno e da administración municipal, así como as demais atribucións que lle outorga a vixente lexislación e, entre elas, a organización das áreas que integran o goberno municipal e dos departamentos, servizos e outros entes que constitúen a administración municipal. Tamén é atribución do alcalde a representación do Concello, sen prexuízo da súa posíbel delegación.
  • Tenentes de alcalde: substitúen ao alcalde en caso de ausencia ou enfermidade. Funcións que realizan de forma independente á competencia que lles corresponda nas áreas como edís.
  • Xunta de Goberno Local: formada polo conxunto de concelleiros designados polo alcalde, presididos por este e asistidos pola secretaría xeral. Desempeña as funcións de asistencia ao alcalde no exercicio das súas funcións.
  • Comisión especial de contas: constituída polos membros dos distintos grupos políticos da corporación. O número de membros é proporcional á súa representatividade no Concello ou igual para cada grupo. No último caso aplícase o sistema de voto ponderado. Correspóndelle a esta comisión o exame, o estudo e o informe da Conta xeral e das demais contas anuais.
  • Comisións informativas: as comisións informativas permanentes constitúense como órganos de estudo, proposta ou consulta de asuntos que deban ser sometidos a decisión do órgano correspondente. Son Comisións informativas permanentes as que se constitúen con carácter xeral. O seu número e denominación inicial, así como calquera variación destas durante o mandato corporativo, decidirase mediante acordo adoptado polo Pleno por proposta do alcalde ou presidente. Son comisións informativas especiais as que o Pleno acorde constituír para un asunto concreto, en consideración ás súas características especiais de calquera tipo.
Descargas