Corresponde ó Pleno, a proposta do Presidente, e dentro da consignación global a tal fin contida no orzamento, determinar a relación de cargos da Corporación que poderán desenvolverse en réxime de adicación exclusiva e parcial e, polo tanto, con dereito a retribución, así como as contías que correspondan en atención ó seu grado de responsabilidade e adicación (art. 75.2 da LRBRL e 13.4 ROF).
No Pleno, en sesión 06 de xullo de 2023, adoptou o seguinte acordo:
Na sesión plenaria do 06.07.2023 adoptouse o seguinte acordo:
“1º Fíxanse as seguintes dedicacións:
- Alcalde-Presidente: dedicación parcial de 28.396,13 € brutos anuais distribuídos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias da mesma contía nos meses de xuño e decembro. O réxime de dedicación mínima diaria será do 60% da xornada laboral.
- Concelleiro/a 1: dedicación parcial de 25353,27 € brutos anuais distribuídos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias da mesma contía nos meses de xuño e decembro. O réxime de dedicación mínima diaria será do 80% da xornada laboral.
- Concelleiro/a 2: dedicación parcial de 23768,69 € brutos anuais distribuídos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias da mesma contía nos meses de xuño e decembro. O réxime de dedicación mínima diaria será do 75% da xornada laboral.
- Concelleiro/a 3: dedicación parcial de 15845,80 € brutos anuais distribuídos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias da mesma contía nos meses de xuño e decembro. O réxime de dedicación mínima diaria será do 50% da xornada laboral.
- Concelleiro/a 4: dedicación parcial de 15845,80 € brutos anuais distribuídos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias da mesma contía nos meses de xuño e decembro. O réxime de dedicación mínima diaria será do 50% da xornada laboral.”
Dedicacións parciais acordadas por Resolución de alcaldía núm. 1278/2023 do 30 de novembro
Faise público que por Resolución de alcaldía núm. 1278/2023 do 30 de novembro acordouse: “1.-Determinar os seguintes membros da Corporación que exercerán as súas funcións sen responsabilidade de goberno con dedicación parcial a partir do 01.12.2023 (funcións de control e fiscalización da acción do goberno, coordinación dos labores da oposición e asistencia ás convocatorias da Alcaldía de xuntas de coordinación de asuntos municipais): -Concelleira 3: Rocío Aurora Bértoa Puente -Concelleiro 4: Eloy Rico López”
Publicación da determinación dos membros da Corporación con dedicacións. BOP 10 de xuño de 2025
Faise público que por Resolución da alcaldía 601/2025 do 30 de maio acordouse:
“1.-Deixar sen efecto con efectos do 01.06.2025 a dedicación parcial de Mª de los Ángeles Coira López de conformidade co réxime de dedicacións aprobado polo Pleno municipal en sesión do 29.05.2025
2.-Determinar os seguintes membros da Corporación que exercerán as súas funcións coas dedicacións aprobadas polo Pleno municipal en sesión do 29.05.2025 con efectividade dende o 01.06.2025: - Alcaldesa-Presidenta: Alejandra Permuy Meizoso
3.-Publicar esta Resolución no Portal de Transparencia, BOP e taboleiro de edictos do Concello.”
ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO 29.05.2025. Modificar os puntos 1º e 4º do acordo plenario do 06.07.2023 relativo a
“PRIMEIRO.- Modificar os puntos 1º e 4º do acordo plenario do 06.07.2023 relativo a Asunto: determinación do/as concelleiro/as que exercerán os seus cargos con dedicacións, réxime de asistencias dos membros da Corporación e fixación do réxime de indemnizacións por gastos efectivos ocasionados no exercicio do cargo”, que quedarán redactados como segue:
1º Fíxanse as seguintes dedicacións: -Alcaldesa-Presidenta: dedicación exclusiva de 46.500 € brutos anuais distribuídos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias da mesma contía nos meses de xuño e decembro. -
Concelleiro/a 1: dedicación parcial de 31.017,09 € brutos anuais distribuídos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias da mesma contía nos meses de xuño e decembro. O réxime de dedicación mínima diaria será do 80% da xornada laboral.
- Concelleiro/a 2: suprímese
- Concelleiro/a 3: dedicación parcial de 15845,80 € brutos anuais distribuídos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias da mesma contía nos meses de xuño e decembro. O réxime de dedicación mínima diaria será do 50% da xornada laboral. -
Concelleiro/a 4: dedicación parcial de 15845,80 € brutos anuais distribuídos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias da mesma contía nos meses de xuño e decembro. O réxime de dedicación mínima diaria será do 50% da xornada laboral.
As contías fixadas actualizaranse anualmente, a partir do exercicio 2026, de conformidade co previsto para o persoal municipal sen que en ningún caso se poida superar o réxime de retribucións fixadas para os membros das Corporacións Locais pola normativa de aplicación.
4º A contía das indemnizacións por asistencias a órganos colexiados fixadas neste acordo serán revisadas para cada exercicio orzamentario con efectos de 1 de xaneiro, na forma que establezan as bases de execución do orzamento de cada exercicio.
SEGUNDO.-As modificacións introducidas nas dedicacións non se fará efectiva ata o 01.06.2025."