Comisións Informativas Permanentes
- I Comisión informativa de Desenvolvemento Territorial e do Medio
- II Comisión informativa de Dinamización do Emprego, Seguridade e Participación Veciñal
- III Comisión informativa de Dinaminación Social e Transparencia
- IV Comisión informativa de Dinamización Económica
Composición
As Comisións Informativas estarán compostas por (ademais do alcalde-presidente, membro nato das comisións ex lege, sen prexuízo de que delegue nalgún do/as concelleiro/as que pertenzan á comisión, a proposta feita no seu seo):
- Tres (3) representantes do Grupo político do Bloque Nacionalista Galego
- Tres (3) representantes do Grupo político do Partido Popular do Concello de Fene
- Dous (2) representantes do Grupo político Socialista do PSdeG-PSOE de Fene
- Un (1) representante do Grupo mixto
A Comisión Especial de Contas estará formada polos membros da Comisión Informativa
de Dinamización Económica
As Comisións informativas permanentes celebrarán sesión ordinaria con periodicidade mensual nas datas e horas que respectivamente se establece:
I Comisión informativa de Desenvolvemento Territorial e do Medio: o martes da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 09.00 horas.
II Comisión informativa de Dinamización do Emprego, Seguridade e Participación Veciñal: o luns da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 10.00 horas.
III Comisión informativa de Dinamización económica: o luns da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 09.00 horas.
IV Comisión especial de Dinamización Social: o martes da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 10.00 horas.
V A Comisión especial de contas reunirase cando sexa convocada pola Presidencia
VI As Comisións Informativas axustarán o seu funcionamento ao disposto nos artigos 53 e seguintes do Regulamento orgánico municipal.
VII No suposto de que o día prefixado fose festivo ou inhábil, a sesión realizarase co mesmo carácter de ordinaria o día hábil inmediatamente anterior, cunha separación de 30 minutos na convocatoria respecto doutras comisións informativas coas que puidera coincidir en data e hora.