
En 1986 nace EU-IU recollendo a idea de unidade da accion da esquerda que se deu na anterior plataforma. Na actualidade varía a sua concepcion de coalicion de partidos pola de movemento sociopolitico. Pretende aglutinar a todos os colectivos, persoas e partidos que se reivindiquen da esquerda transformadora e emancipatoria do ser humano.
Enderezo: Praza do Concello s/n. - 3º andar - 15500 Fene
Teléfono: 648 618 571 / Caixa de correo: maricarmen_m_r@hotmail.com
Grupo municipal

- Mª Carmen Martínez Rodríguez. Voceira
Fene máis esquerda
EU-IU somos un movemento de esquerda transformadora galega, que por medio da participación cidadá pretendemos construír o socialismo, rematar coa explotación das persoas e os recursos naturais para conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Os nosos sinais de identidade son unha organización de esquerdas, democrática, federal e republicana en todo o ámbito do Estado Español. A participación electoral é un camiño pero non o único para facer política, por iso EU-IU tamén está na rúa coas persoas e cos movementos sociais.
EU-IU somos un movemento aberto, precisamos da participación e de todas aquelas persoas que queiran remata co paro, a precariedade, a desigualdade social, a violencia, a insolidariedade e a deterioración ambiental.
Outro mundo é posible. Axúdanos a construílo.