Facturación electrónica.FACe

O Concello de Fene, mediante resolución da Alcaldía de 4 de decembro de 2014, acordou a adhesión ó Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración Xeral do Estado, denominado FACe, que proporciona as funcionalidades previstas para o citado punto respecto ás facturas electrónicas dos seus proveedores.

Na plataforma FACe atópase toda a información necesaria para que os proveedores remitan as súas facturas electrónicas e realicen o seguimento da súa tramitación. No directorio de Organismos adheridos está o Concello de Fene.

A Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturasno Sector Público, indica na súa disposición final octava sobre entrada en vigor:

a) O artígo 4, sobre obrigas de presentación de factura electrónica, entrará en vigor o 15 de xaneiro de 2015.

Descargas
Ligazóns