As sesións ordinarias da Xunta de Delegados do Concello de Fene terán lugar o primeiro martes de cada mes ás 09.15 horas.
A Xunta de delegados é un órgano complementario do Concello de Fene. O Alcalde, actúa como presidente, e os Concelleiro/as responsables das áreas ou Concelleiros/as Delegados, actúan como vocais.
Competencias da Xunta de Delegados
A Xunta de Delegados depende xerarquicamente da Alcaldía, e as súas competencias son as seguintes:
1. Coordinar os traballos dos concelleiros/as responsables de áreas e dos concelleiros/as delegados.
2. Deliberación dos asuntos que se tratarán na Xunta de Goberno Local ou no Pleno.
3. Informar á Alcaldía dos asuntos que fosen obxecto de delegación.