Programa envellecemento activo e participación social

Tardes activas

Os obradoiros que se ofertan son:

OBRADOIROS DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA

  • + MEMORIA realizaranse actividades para manter activa a mente e mellorar a memoria naquelas persoas con esquecementos cotiás (onde están as chaves, cómo era o nome de...), utilizaranse dinámicas de ocio e grupais para a realización das actividades.

 

  • RECORDANDO O NOSO. Este obradoiro centrase nas lembranzas e homenaxe aos maiores. Se traballan funcións cognitivas dende unha perspectiva dinámica, aportando
    vivencias e coñecementos.

 

  • OBRADOIROS DE RECUPERACIÓN DE MEMORIA
    Realízanse actividades en grupo encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc. Para retrasar o inicio dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento. Ademais dos beneficios de pertencer a un grupo.

 

  • ESCOLA DE AVOAS/OS
    Neste programa se intercambian experiencias e transmiten coñecementos en sesións grupais a partir da temática de traballo escollida, relacionado coas súas vivencias. A presentación do traballo se realizará nos centros escolares con formatos diversos: saídas socioeducativas, exposicións de fotos, programas na radio etc. Nas presentacións ademais de visualizar o proxecto a nivel comunitario e escolar está o intercambio interxeracional que é a base do obradoiro.

 
Estás actividades están abertas a poboación a partir dos 55 anos e de carácter gratuíto. 

Áreas
Ligazóns