Programa completo de "Tardes activas dende a casa"

Programa completo de "Tardes activas dende a casa"

O estado de alarma declarado para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID 19 obrigou a suspender os programas de Servizos Sociais que se viñan desenvolvendo, entre os que se atopa o de Envellecemento activo.Como medida alternativa a este espazo, o departamento organizou durante os meses de abril, maio e xuño de 2020 o programa en liña “Tardes activas dende a casa”.

Unha proposta para dinamizar non soamente as persoas integrantes destes programas senón a toda a poboación maior de 55 anos que quixera aproveitar o confinamento para a estimulación das súas capacidades, recordos e vivencias persoais.

Cunha periodicidade semanal,  a través desta actividade propuxéronse retos, actividades de cálculo,  actividades de memoria verbal, visual, .. unha chea de actividades para entreterse durante a corentena ou post-corentena. Cadaquén decide o momento máis acaído para realizalas.  

Descargas