[Jaume Funes]
O fenómeno do consumo de drogas variou nos últimos anos, incorpóranse novas adicións, aumenta o consumo de substancias legais, diminúe a idade de inicio na súa utilización.
Todo isto fai que a prevención destaque como unha ferramenta fundamental para evitar ou atrasar o seu consumo.
O Plan Municipal de Prevención de Drogodependencias do Concello de Fene comezou a funcionar en 1994 e está atendido por unha profesional da pedagoxia que traballa en diferentes ámbitos de intervención: escolar, familiar, xuvenil e actuacións a nível comunitário, co obxecto de ofrecer unha atención integral.
O Concello de Fene desenvolve os programas recollidos na carteira de servizos en materia de prevención do Plan de drogas da Xunta de Galicia:
Ámbito Escolar
- Programa de prevención universal: saúde na escola. (PPCDE: interv socioeducativas en aula)
- Programa de prevención universal "Cine e saúde"
Ámbito Familiar
- Programa de prevención universal "Más que un teito"
- Programa de prevención indicada: "Entre todos"
Ámbito Xuvenil
- Programa de prevención universal: "Activa"
Ambito Xénero
- "Penélope"
Ámbito comunitario
- "Informacion-sensibilización."
- "Formación de mediadores sociais."
Ámbito social social
- Programa de mediación de conductas adictivas
Os programas deseñados se sustentan con base en modelos de prevención psicosocial e sociocultural, cuxos obxectivos máis importantes son:
- Educar ás persoas para que sexan capaces de manter relacións responsables coas drogas.
- Atrasar a idade de inicio de consumo
- Modificar aquelas condicións do contorno sociocultural que favorezan a aprendizaxe do comportamento do uso de drogas
- Intervir nas causas do malestar individual, ben modificando aquilo que o produce, ben axudando ao suxeito a superalo