Nos Servizos de Información e Orientación (traballadoras sociais) se atende ao público de luns a venres, previa cita, salvo casos urxentes que se atenden de forma inmediata. Aos usuarios/as se lles designa unha traballadora social en atención a parroquia onde viven.
A psicóloga responsábel do Servizo de Atención á Muller, Area de Menores e Educación Familiar, atende previa cita de luns a venres, salvo urxencias que se atenden o mesmo día.
Os Servizos Sociais no Concello de Fene son o conxunto de recursos creados para atender, da maneira máis próxima e áxil, as necesidades de cada cidadán, grupo deles ou de toda unha comunidade. Constitúen o sistema de protección social que se orienta á prestación de atencións e servizos que posibiliten a mellora da calidade de vida e a participación de persoas e grupos, especialmente aqueles que sofren algún tipo de carencia, discriminación ou desatención, así como a prevención, e a eliminación das causas que orixinan estas situacións. O seu obxectivo é mellorar o benestar de todas as persoas e facilitar a súa participación no contorno social en condicións de igualdade.