Axudas municipais destinadas á atención de necesidades sociais

Entendendo por tales o conxunto de axudas e prestacións económicas de carácter non periódico destinadas a paliar ou resolver, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos, situacións de emerxencia social, previr situacións de exclusión social e favorecer a plena integración de sectores de poboación que carezan de recursos económicos para a atención das súas necesidades básicas.
 
Establécense as seguintes tipoloxías de axudas en función da necesidade plantexada e a súa valoración polos Servicios Sociais Municipais, cuxa concesión estará sempre condicionada á existencia de dispoñibilidade orzamentaria así como ó cumprimento dos requisitos xerais de acceso e específicos de cada axuda dacordo co fixado na presente ordenanza:
a) Axudas económicas de emerxencia social.
b) Axudas económicas de apoio ás familias para a atención ó menor e discapacidade.
c) Axudas económicas para o pago de taxas municipais (auga, saneamento e lixo).

A tipoloxía c) será incompatible coa concesión da exención de taxas municipais ao abeiro do recollido na Ordenanza nº7, reguladora da taxas pola subministración de auga, Ordenanza 17 reguladora da taxa polo servizo de saneamento, e ordenanza nº 18 reguladora da taxas pola recollida de residuos sólidos urbanos, tratamento e eliminación dos mesmos.

Poderase cursar unha única solicitude anual de cada un dos tipos de axudas, agás certos casos en que se poda presentar unha segunda solicitude cando concorran criterios socioeconómicos obxectivables valorados a criterio técnico tales como:

  • Desamparo o precariedade económica posterior á primeira solicitude.
  • Urxencia na necesidade.
  • Infortunio familiar.
  • Outros a valorar polo equipo técnico.

Ademais, nos casos seguintes, a presentación da solicitude de axuda realizarase:

  • No caso de axudas para gastos de escolarización, posteriormente ao inicio do curso escolar.
  • No caso de axudas para gastos derivados do pago de Taxas Municipais, no derradeiro trimestre do ano.

PRAZO: O prazo estará aberto dende o 1 de xaneiro e ate o 15 de novembro de cada ano.

Áreas
Descargas