Presentación

17 de abril, Día Europeo da Informacion Xuvenil.

As actuacións do Departamento en materia de mocidade pretenden involucrar á xuventude no deseño das programacións que lles afecten, potenciar e apoiar a súa autoorganización e diversificar a oferta de actividades de lecer ao tempo que se mantén unha canle de información permanente a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil aberta ao público en xornada de mañá na Avenida de Naturais, 44, entrechán dereita.

Entre as actividades que desenvolve o departamento de xuventude, cabe destacar a publicación mensual do Boletín Xove, cuxo primeiro número publicouse en marzo de 2008.

A publicación, de carácter gratuíto pretende servir de axuda e de fonte de información para todos aqueles cidadáns con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos.

O contido máis interesante desta publicación está constituído pola compilación de Cursos, Becas e Concursos, extraídos de diferentes fontes, e que poden supoñer un aforro de tempo para os lectores, que en cada número poderán atopar as bases, teléfonos e enderezos necesarios para acceder a axudas que, doutro xeito, posiblemente descoñecerían.

Así mesmo, o Boletín inclúe unha axenda cos actos máis destacables do mes, novas de carácter cultural e deportivo e información sobre emprego.

A periodicidade desta edición é mensual, e as persoas interesadas poden obter o seu exemplar na Oficina Municipal de Información Xuvenil, nas instalacións culturais e deportivas municipais e a través desta páxina web.

Ligazóns