Programa de prevención universal. Ámbito familiar
A finalidade do programa é a de promover unha maior implicación dos pais e nais ou titores como axentes de saúde e fomentar a adquisición das competencias necesarias para que poidan desenvolver esta importante función de forma axeitada.
O programa estrutúrase ao longo do curso escolar, tendo en conta as vacacións escolares. O horario se establecerá co acordo do grupo de pais/nais que van participar no programa.
Neste programa se marcan os seguintes obxectivos:
- Mellorar as actitudes educativas e preventivas das familias.
- Promover e reforzar os factores de protección familiar, ao tempo que se pretende reducir o impacto dos factores de risco relacionados con este ámbito.
- Mellorar a habilidade dos participantes para o desenvolvemento de pautas consistentes na xestión familia.