Exercicio Físico e Saúde, intervención contra a fatiga oncolóxica

Programa dirixido a persoas enfermas de cancro e destinado a diminuír a fatiga producida por esta enfermidade e o seu tratamento.
Creado e supervisado por licenciados en ciencias da actividade física e o deporte, traballando en comunicación e colaboración co servizo de oncoloxía do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide de Ferrol.
Mediante o seu desenvolvemento se pretende minorar, na medida do posible, os prexuízos derivados da fatiga que acompaña a esta enfermidade e ao seu tratamento.
As actividades que compoñen as sesións parten de contidos encadrados da educación física. Todos están relacionados co exercicio físico moderado, contemplando e realizando tamén intervencións dende a respiración, a relaxación e a mellora ou relaxación postural.
Así mesmo, cada persoa realiza un máximo de dúas sesións por semana dunha duración aproximada de 45 minutos.
Áreas