O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, desenvolve o proxecto de envellecemento activo no que se enmarca o programa Construíndo Pontes, subvencionado pola Deputación da Coruña durante os anos 2013 ao 2016.
Enténdese o envellecemento como un proceso para o cal debemos ir preparándonos ao longo das diferentes etapas da vida. Un dos aspectos máis importantes para isto é manterse activo/a buscando o mantemento e desenvolvemento das nosas capacidades físicas, emocionais, mentais, educativas e sociais.

Con este programa realizado ao longo destes anos se pretende promover a implicación das personas    maiores e  de mediana idade, nun proxecto de recuperación da memoria histórica do concello de Fene. As persoas participantes se reúnen unha vez á semana en sesións grupais utilizando unha metodoloxía activa, para traballar aspectos relacionados coa historia de Fene e coas súas vivencias de tempos pasados sobre un tema escollido por eles/as relacionado con xogos ou cantigas de antes, tradicións, historia dos estaleiros, oficios... e a así, xuntos/as construíron os documentos que se acompañan nas catro publicacións.

A publicación de “Lembranzas da infancia” centrada nos xogos e xoguetes se completa cun DVD no que participan rapaces/as doutras xeracións para compartir con eles/as os seus coñecementos e vivencias e enriquecer máis aínda a experiencia formando parte da nosa historia e permanecendo no tempo cunha utilidade didáctica, poñendo en valor ás novas xeracións nos recreos escolares ou ben noutros espazos de ocio onde se relacionan de xeito libre e natural fomentando a participación interxeracional e igualitaria.

Con este proxecto agradecemos a valiosa contribución que as personas participantes fan ás xeracións máis novas e a sociedade no seu conxunto, xa que permiten compartir e visibilizar as suas vivencias para así estimular o debate, o intercambio de información e o potencial educativo.

En definitiva aprender a convivir nun mundo plural e entender que a diversidade é unha fonte de riqueza.

Áreas
Descargas