Formación de mediadores

Programa de ámbito comunitario que se oferta simultaneamente nos concellos de Fene, Mugardos e Neda e lévase a cabo en dúas fases:

A primeira fase: captación e selección de mediadores/as . Ademais, realízase unha campaña de difusión a través de carteis, anuncios na páxina web dos concellos, emisora de Radio local e outros medios para captar a posibles persoas voluntarias.

A segunda fase corresponde á formación. Os contidos a traballar nestas sesións xiran en torno aos seguintes temas: conceptos básicos en prevención de drogodependencias e xuventude; análise dos factores de risco e protección asociados ao consumo; definición do rol de mediador/a xuvenil: funcións, habilidades...; información sobre as diferentes drogas, os riscos asociados a elas, mitos e crenzas, patróns de consumo, lexislación asociada.

Os obxectivos que se marcan no programa son os seguintes:

  • Mellorar as actitudes preventivas das persoas mediadoras.
  • Incrementar os coñecementos sobre contidos preventivos.
  • Incrementar as súas habilidades para a planificación de programas preventivos.

Contidos:

  1. Adolescencia, drogas e adiccións. Enfoques actuais.
  2. Información xeral sobre drogas.
  3. Conceptos básicos na prevención das drogodependencias.
  4. Primeiros auxilios. Reanimaciòn cardiopulmonar.
  5. O papel da persoa mediadora na prevención de drogas.
Áreas
Descargas