Co obxectivo de contribuír ao financiamento dos desprazamentos en autobús até A Coruña do estudantado fenés que curse estudos universitarios nos campus desta Cidade, o Concello ven de aprobar as bases que rexerán as subvencións para o bono-bus universitario.
Dirixido
Pódense acollerse a estas axudas os veciños e veciñas de Fene que cursen estudos universitarios nos Campus da Coruña, non superen os máximos de base impoñíbel fixados nas bases que rexen esta convocatoria e non estean incursos nas prohibicións para obter as condicións de beneficiarios/as.
Lugar de solicitude
Departamento de Cultura e Ensino
Avda. de Naturais 44, Entresollado dereita - 15500 Fene
Teléfono: 981 340 366 / Fax: 981 492 788 / Email: cultura.deportes@fene.gal
Horario de atención ao púbico: de luns a venres de 09:30 a 13:30 horas.
* Unha vez aberta a convocatoria recolleránse os formularios de solicitude.