Programa de educación viaria

A educación viaria como disciplina transversal é un dos programas educativos que se ofertan dende este Departamento mediante un amplo abano de actividades a desenvolver nas instalacións que dispón o Concello de Fene no Parque de Educación Viaria; emprazado no antigo apeadoiro de Renfe, na Parroquia de Barallobre. O parque conta cunha aula totalmente equipada e cun circuíto homologado de 800 metros, dotado de karts eléctricos e a pedais, bicicletas, triciclos e patinetes.

Inaugurado en marzo de 2007, ten como finalidade “educar no respecto ás normas de circulación”.

Para o desenvolvemento das actividades que se realizan nesta instalación municipal, os modelos de vehículos adaptados segundo os grupos de idade, son os seguintes:

  • Karts de 3 rodas (2 prazas)
  • Bicicletas de 3 rodas
  • Karts de 4 rodas individuais (plásticos)
  • Patinetes
  • Karts eléctricos
  • Karts a 4 rodas individuais (metálicos)
  • Triciclos
  • Bicicletas pequenas, medianas e grandes
  • Kart a 4 rodas (4 prazas)
  • Cascos e chalecos reflectores

As actividades van dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (educación infantil e primaria) e consisten nunha sesión teórica de introdución á seguridade viaria e nunha sesión práctica de percorrido polo circuíto. A duración total do obradoiro é de (+/-) dúas horas. O número máximo por grupo será de (+/-) 25 participantes.
 
Tamén se poden solicitar visitas complementarias ao Museo do Humor de Fene (ao mesmo tempo que un grupo participa nas actividades do Parque de Educación Viaria, outro visita o Museo).

Para solicitar unha visita e participar nos obradoiros é necesario cumprimentar a ficha de solicitude e presentala no Rexistro Xeneral do Concello de Fene sito na R/Concello, s/n, por vía telemática a través da sede electrónica (ou nos lugares relacionados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común).

Máis información

Departamento de Cultura e Ensino

Avda. de Naturais 44, Entresollado dereita - 15500 Fene

Teléfono: 981 340 366 / Fax: 981 492 788 / Emailcultura.deportes@fene.gal

Horario de atención ao púbico: de luns a venres de 09:30 a 13:30 horas.

Áreas
Descargas
Ligazóns