Programa de prevención de consumo de drogas na escola (PPCDE)

Programa de ámbito escolar

A través dunha serie de materiais didácticos o profesorado traballa co alumnado de 5 a 18 anos na prevención do consumo de drogas. Aprendense  unha serie de valores de prevención de drogodependencias e educación para a saúde. Os obxectivos deste programa son, fundamentalmente, diminuír os consumos de tabaco, alcol e hachís nos mozos/as e modificar as súas actitudes de cara ás drogas, mellorando a súa resistencia á presión de determinados grupos e axudándoo a facer unha utilización positiva do seu tempo libre.

Intervención socioeducativa na aula para ESO e EPO

Este Programa é complementario a aplicación dos materias didáctico de "Saúde na escola", dirixidos a alumnado de de EPO e de ESO.


Educación primaria: se traballan aspectos relacionados con hábitos de vida saudable: alimentación, autocoñecemento e autoestima; as relacións no grupo; a comunicación; habilidades relacionadas coa escoita activa; os sentimentos e emocións. “Obradoiros de nutrición”

Educación secundaria: se realizan sesións en aula e os contidos que se abordarán son a resolución de conflitos, autocontrol, presión de grupo, toma de decisións; hixiene e coidado do corpo; consumismo e adiccións; as relacións afectivas e sexuais; tipos de drogas; consecuencias e riscos asociados, fenómenos asociados ao consumo de substancias.

Se realizan  obradoiros de “ Bebidas saúdables” dirixido ao alumnado de 1º de ESO. Previamente recollese información sobre o grao de coñecementos que o alumnado ten sobre o alcohol e outras sustancias. Logo desenvólvense os obradoiros específicos impartidos por monitorado especializado e posteriormente facilitase información axeitada sobre o alcohol fuxindo de tópicos.

Os obradoiros “ Non pasa nada, pasa algo?” dirixido ao alumnado de 3º e 4ºde ESO se realizan dinámicas relacionadas sobre uso e abuso de sustancias e outras adicións , asi como debates sobre que sustancias son consideradas drogas e conceptos necesarios para dismitificar estereotipos.

Os obxectivos destes programas son informar e formar ao alumnado sobre drogas legais e ilegais; axudarlle a desenvolver estratexias para saber resistir a presión do grupo e fomentar o espírito crítico con respecto da publicidade das drogas legais.

Áreas