Novas

27-10-2026

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para a VI Gala do Deporte do Concello de Fene

O Concello de Fene vén de facer públicas as bases que rexerán a organización dunha nova edición da Gala do Deporte, evento co que se pretende “reunir ás persoas e entidades do deporte fenés ao redor dun día de festa no que salientar o labor de quen contribúen a desenvolver e ampliar a práctica deportiva no noso Concello”. Recoñécese, deste xeito, o seu traballo e traxectorias deportivas relevantes no ano ou tempada 2025/6. Poderán optar tanto as persoas físicas, clubs deportivos como as entidades do municipio que cumpran os requisitos establecidos en cada unha das categorías.
A Concellería de Deportes habilitou a dirección de correo electrónico deportes.fene@gmail.com para o envío de información (até as 23.59 horas do 11 de novembro de 2026), resolución de dúbidas e consultas referentes ao evento que terá lugar o sábado 28 de novembro, ás 18 horas, no pavillón da Xunqueira de San Valentín. Os nomes dos premiados daranse a coñecer publicamente na páxina web do Concello antes da Gala (entre o 17 e o 20 de novembro).
26-10-2026

Conta atrás para o III Torneo de Xadrez Memorial José Ardá

A AVV de Limodre acollerá o domingo 15 de novembro o III Torneo de Xadrez Memorial José Arda, organizado polo Concello de Fene xunto coa Escola de Xadrez da Galicia Norte e a Escola Ferrolá de Xadrez. O certame desenvolverase a partir das 11 da mañá, con sesións ás 11, 12 e 13 horas, e de tarde, ás 16, 16.45, 17.30 e 18.15 horas, e cun ritmo de xogo de 15´ finish máis 5"/xogada.

O sistema de xogo que se contempla neste III Torneo de Xadrez é suizo a 7 sesións.
28-09-2026

Horarios definitivos adestramento

A Concellería de Deportes publica os horarios definitivos de adestramento nos pavillóns deportivos municipais 
18-09-2026

Horarios tempada 2026/2027 nos pavillóns municipais

Unha vez rematado o prazo de solicitudes para  esquipos Federados inscritos no rexistro municipal de entidades de Fene, a Concellería de Deportes publica os horarios concedidos nos pavillóns da Xunqueira e O Ramo para a tempada 2026/2027.

A partir do luns 21 de setembro e até o día 26 os equipos, clubs de fóra de Fene e particulares poden solicitar as horas libres que quedaron. Para isto deberán cubrir as follas de solicitude achegadas e entregala por rexistro (tanto presencial como telemático) nos prazos previstos.
27-08-2026

O domingo 6 de setembro Fene celebrará a XXXII edición do Día do Deporte na Rúa

O evento, celebrarase o domingo, 6 de setembro, despois do seu aprazamento no mes de xullo por vaga de calor e desenvolverase na contorna da Avenida do Tarrío, a rúa San Salvador e o CCRD de Perlío en horario de mañá.
27-08-2026

O 1 de setembro a Piscina Municipal abre a súas portas para nado libre e adestramentos de clubs.

O Departamento de Deportes informa da apertura ao público da Piscina Municipal de Centieiras a partir do vindeiro 1 de setembro. A instalación quedará habilitada para a práctica do nado libre, así como para o desenvolvemento dos adestramentos solicitados polas entidades e clubs deportivos que formalicen a correspondente reserva de espazo.
26-08-2026

Horarios adestramento

Unha vez rematado o prazo de solicitude para adestrar no Campo de fútbol Os Pinares durante a Tempada 2026/2027 e no pavillón A Xunqueira durante a pretempada (1 a 30 de setembro) 2026/2027, fanse públicos os horarios de adestramento para clubs federados do Concello de Fene nos mencionados periodos.

As horas libres no pavillón A Xunqueira durante o mes de setembro poderán ser solicitados tanto por particulares como por outros clubs ou sociedades doutros concellos. Para isto deberán cubrir a folla de solicitude e entregala por rexistro (tanto presencial como telemático) a partir das 8:00 horas do 27 de agosto de 2026.

Os prazos para entregar as solicitudes de adestramento da Tempada 2026/2027 tanto no pavillón A Xunqueira e
como no pavillón O Ramo para os clubs federados de Fene continúan abertos ata o 16 de setembro.
24-08-2026

As citas para apuntarse nas prazas libres das escolas deportivas e culturais municipais comezarán a darse o día 7 de setembro

As citas poderán solicitarse a partir do 7 de setembro e o prazo de matrícula presencial estará aberto do 10 ao 17 de setembro. Será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira.
Para solicitar CITA PREVIA temos que ter en conta os seguintes prazos:

Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 7 e 8 de de setembro de 9:00 a 14:00 horas
Poboación en xeral: 9 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas
A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812
20-08-2026

O campo municipal Os Pinares acolle este sábado o III torneo de fútbol do Concello de Fene

O Campo Municipal Os Pinares (Perlío) converterase este sábado 22 de agosto no escenario da terceira edición do Trofeo de Fútbol Concello de Fene. A competición, concibida como un triangular amigable de pretempada, reunirá ás tres entidades deportivas de referencia do municipio: o Cultural Maniños SD, o CCRD Perlío e a SD Barallobre. As actividades darán comezo ás 18:30 horas e a xornada contará con acceso libre e gratuíto para todo o público asistente.
13-07-2026

A partir deste martes os clubs deportivos de Fene poderán solicitar horas de adestramento de pretempada e tempada 2026-27 nas instalacións deportivas municipais

O martes 14 de xullo abre o prazo para que os clubs de Fene soliciten horas de adestramento para a pretempada no campo de Fútbol Os Pinares e no pavillón polideportivo da Xunqueira, así como para a tempada 2026/2027 no campo de Fútbol e nos dous pavillóns municipais.
Os clubs que estean interesados deben remitir nas datas que se indican na normativa, a relación de horas que soliciten de cada instalación para a pretempada e para a tempada 2026 -2027, especificando o equipo (deporte e categoría) que vai utilizar cada hora. As solicitudes deberán presentarse telemáticamente, na sede electrónica do Concello de Fene (https://sede.fene.gal/sxc/gl/).