As nosas parroquias

Inicio   Fene descúbreo   As nosas parroquias

Sillobre

Limita con Neda ao norte, coa parroquia de Fene ao oeste, co concello da Capela ao leste e con Magalofes e Cabanas polo sur.

Magalofes

Limita ao norte coas parroquias fenesas de Perlío, Fene e Sillobre, ao sur e leste co concello de Cabanas, e ao oeste coa parroquia de Barallobre.

Fene

Limita ao norte co concello de Neda e ao sur co parroquia de Magalofes. Na súa banda oriental fai linde con Sillobre e na occidental con Perlío e San Valentín.

San Valentín

Limita ao norte co concello de Neda, ao leste coa parroquia de Fene, con Perlío ao sur e coa ría de Ferrol ao oeste.

Perlío

Limita ao norte coa parroquia de San Valentín, cara ao oeste coa ría de Ferrol, na súa banda oriental faino coa parroquia de Fene, e polo sur linda con Barallobre e Magalofes.

Barallobre

Limita ao norte coa parroquia de Perlío, ao oeste coa ría de Ferrol, ao leste coa parroquia de Magalofes e ao sur coa de Maniños.

Maniños

Limita ao norte coa ría de Ferrol, coa freguesía de Limodre ao sur, polo oeste con Barallobre e Limodre, e coas parroquias mugardesas de Franza e Piñeiro.

Limodre

Conta con catorce entidades de poboación: O Cal, O Camiño Grande, O Campanario, Coído, O Cotarelo, O Cotillón, A Fonte, A Fraga de Limodre, O Igresario, Portamaón, Rachabordos, Río Castro, Río Sandeu e Souto Vello.