Estrutura económica

Inicio   Fene descúbreo   Estrutura económica
As actividades industriais
ocupan a case un terzo da
poboación activa

A traza da estrutura económica de Fene mudou radicalmente tras a creación de ASTANO en 1041. A tradición económica agraria e pesqueira, orientada básicamente cara o autoconsumo e cunha saída cativa de excedentes cara aos mercados de Ferrol, viuse modificada pola presenza dunha instalación industrial de grande dimensión que se tornou no primeiro contratista laboral do concello.

Así a oferta de ocupacións industriais e unhas condicións urbanísticas que achegaban solo barato e doadamente urbanizable fixeron de Fene un foco de atracción demográfica na comarca de Ferrol.

O rápido crecemento da poboación activa no sector secundario combínouse coa permanencia de explotacións agropecuarias atendidas, en moitos casos, por mulleres e por persoas de avanzada idade, o que contribuíu a afianzar un sistema de explotación agraria a tempo parcial que se combinaba nas familias co traballo nos estaleiros.

A relevancia da industria na economía fenense

A economía agraria viu
radicalmente transformada e
actualmente só ocupa ao
3,2% da poboación activa

A mediados dos anos noventa o sector agropecuario ocupaba o 6,1% da poboación mentres que a industria daba traballo ao 38,7% da poboación activa fenense, fundamentalmente empregada en ASTANO e nas súas industrias auxiliares. A construcción mobilizaba o 9,1% dos activos e o sector servizos sumaba o 46,1% das persoas que traballaban. A administración e os servizos públicos, o comercio e o transporte eran as actividades terciarias con maior capacidade de contratación.

En 2001 a estrutura económica recollía uns efectivos do sector primario que descenderán até o 3,2% da poboación activa. As actividades industriais experimentarán igualmente unha perda de peso (31,9%) e aumentarán levemente as persoas ocupadas na construcción e no sector servizos (54%). Con todo, Fene documenta un maior peso das actividades industriais, xa que dentro da área urbana de Ferrol estas só representan o 23,1%, e unha menor taxa de terciarización das actividades económicas, xa que a media de ocupados no sector servizos en Ferrolterra é do 65,3%.

Nos últimos anos existe un cambio importante na estrutura económica de Fene, xa que en decembro de 2014, o número de persoas ocupadas no sector servizos representa o 71,48% do total das persoas que traballan, no sector industrial representan o 18,38% e na construcción o 11,55%.

 

 

Emprego e renda familiar

Entre o ano 2007 e o 2015 a evolución do desemprego rexistrado en Fene coñece dúas fases diferenciadas, ata o ano 2012 incrementase en 10,75 puntos porcentuais a tasa de paro rexistrado pasando do 13,95% ao 24,70%, para a continuación comezar un descenso de 4,07 puntos porcentuais ata o ano 2015.

O número de parados en decembro de 2015 son 1172, situando a taxa de paro rexistrado municipal no 20,63 %, mentres que no conxunto de Ferrolterra o número de parados son 14251 o que representa unha taxa de paro rexistrado de 19,27 %.

O paro rexistrado evidencia un desequilibrio entre homes e mulleres. No ano 2007 en Fene os homes parados son 305, representando o 33,85% do paro total e as mulleres son 596, o 66,15%. Progresivamente o número de paro masculino vai aumentando para situarse no ano 2015 en 567 homes e 605 mulleres o que representa o 48,38% e o 51,62% do total do paro rexistrado.

No ano 2009, a renda familiar dispoñible en Fene era de 14.883,64 euros por habitante, mentres que a media da comarca chegaba a 15.029,17 euros, a provincial situouse en 15.759,80 euros por persoa e en Galicia en 2009 era de 14.965,44 euros por persoa.