Fene hoxe

Inicio   Fene hoxe
06-10-2025

O proxecto “Fene 1941” arrinca este martes coa primeira conferencia aberta coa veciñanza

O Concello de Fene convida a toda a veciñanza a participar este martes, ás 19.30h na Casa da Cultura, na primeira das Conversas Abertas coa Veciñanza, incluída no proxecto “Fene 1941. A historia viva desde o estaleiro”.
Este primeiro encontro reunirá a veciños de San Valentín, Perlío, Fene e Barallobre, que compartirán as súas lembranzas e experiencias arredor do estaleiro, a vida nas parroquias e o papel que esta industria tivo no desenvolvemento económico e social do municipio.
03-10-2025

Fene recupera a memoria viva do estaleiro co proxecto Fene 1941

O Concello de Fene presentou esta mañá na Casa do Concello o proxecto Fene 1941, unha iniciativa que busca recuperar e poñer en valor a memoria viva do estaleiro e da cultura mariñeira, a través dun programa que combina identidade, memoria e participación cidadá. No acto participaron a concelleira de promoción económica, Ángeles Coira, e a axente de emprego e desenvolvemento local, Belén Souto.
A concelleira Ángeles Coira destacou que “este proxecto é unha oportunidade para recoñecer o papel das traballadoras e traballadores do estaleiro e das súas familias, pero tamén para implicar á hostalería, ás entidades e á veciñanza nun proceso compartido que reforza a nosa identidade e dinamiza a vida social e económica de Fene”.
05-09-2025

O FeneRock celebra a súa XXII edición no Paseo de San Valentín con tres días de música

O Paseo de San Valentín convértese esta fin de semana no epicentro da música en directo coa celebración da XXII edición do FeneRock, organizado pola Asociación Cultural Centolos. A programación arranca hoxe venres e prolongarase até o domingo, 7 de setembro, cun cartel cheo de grupos referentes do rock e da música alternativa.
02-09-2025

Fene celebra unha nova edición do seu Outlet con grandes descontos no comercio local

Esta fin de semana regresa unha das citas máis agardadas do comercio local: o Outlet Fene, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de setembro, organizado polo Concello de Fene en colaboración coa Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro” e coa colaboración económica da Deputación da Coruña.
O evento desenvolverase en horario de venres e sábado de 10:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 h, e o domingo de 11:00 a 13:30 h. Será unha excelente oportunidade para atopar produtos de calidade a prezos moi rebaixados, ademais de desfrutar dun ambiente festivo, con animación e decoración especial nos comercios.
11-08-2025

O Concello de Fene avanza na recollida da memoria oral e documental para o proxecto “Fene 1941”

Nas últimas semanas, o Concello de Fene está a desenvolver unha das fases centrais do proxecto “Fene 1941”, coa recollida de documentación e memoria oral vinculada á historia do estaleiro ASTANO e da ría. O proceso inclúe entrevistas e gravacións en vídeo á veciñanza, traballadores e extraballadores, así como a persoas vencelladas ao sector mariñeiro, co obxectivo de preservar e divulgar un patrimonio inmaterial único.
Estas gravacións darán lugar a un conxunto de pezas documentais en formato audiovisual, que se presentarán ao público nos meses de setembro e outubro, xunto co resto de actividades previstas: conferencias, accións nas tabernas, encontros interxeracionais e charlas nos centros educativos.
01-08-2025

Todo listo en Limodre para o arranque do Felicia Pop, co apoio do Concello de Fene

A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy; e os concelleiros de cultura, Justo Ardá; e de servizos, Adán Chao; visitaron onte á tardiña o recinto do Parque da Hortiña, en Limodre, para supervisar os últimos preparativos da nova edición do Felicia Pop, que arranca hoxe e que converterá Limodre durante dúas xornadas nun referente da música alternativa.
20-06-2025

Fene estrea oficina de turismo na Avenida do Concello, ao paso do Camiño Inglés

O Concello de Fene vén de poñer en funcionamento a súa nova oficina municipal de turismo, situada agora na Avenida do Concello, a carón da Casa consistorial e nun punto estratéxico do Camiño Inglés a Santiago. A nova ubicación responde ao obxectivo de ofrecer un servizo máis funcional e visíbel, achegándoo tanto á veciñanza como ás persoas que visitan Fene.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, valorou moi positivamente o cambio: “Esta nova localización permite que o servizo sexa máis accesíbel e visíbel, especialmente para as persoas que transitan polo Camiño Inglés. A oficina convértese así nun punto de referencia para coñecer Fene e descubrir a súa riqueza patrimonial, cultural e gastronómica”.
03-06-2025

San Xoán e San Pedro 2025

O Concello de Fene abre o prazo de solicitude para a comunicación de fogueiras en terreos públicos e particulares para o San Xoán e San Pedro 2025.

A comunicación afecta a aquelas luminarias que teñan lugar en terreos públicos e particulares, os días 23 e 28 de xuño, a partir das 20.00 horas e ata ás 01.00 horas dos días 24 e 29 de xuño respectivamente, quedando estas perfectamente apagadas.
03-06-2025

Fene prepárase para unha edición da “Fashion Night”, que se celebrará o sábado 7 de xuño

Fene vivirá o sábado 7 de xuño unha nova edición da Fashion Night, un evento que reunirá moda, música e animación nas rúas, cun claro obxectivo: promover o comercio local e dinamizar a vida social e económica do concello. A actividade, organizada pola Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos "O Cruceiro" coa colaboración do Concello de Fene, desenvolverase de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas, nos 24 locais participantes, que ofrecerán descontos especiais, ofertas exclusivas e un ambiente único para as compras.
29-05-2025

Fene participará na Primavera no Camiño Inglés para promocionar o seu patrimonio cultural, festivo e gastronómico

O Concello de Fene participará un ano máis na feira turística Primavera no Camiño Inglés, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés coa finalidade de promover o patrimonio, a cultura e a oferta turística dos concellos polos que discorre esta histórica ruta xacobea. A cita celebrarase o sábado 31 de maio no Parque da Rúa, en Miño, con programación ininterrompida de 10:00 a 20:00 horas.