-
Sillobre
Forma parte dunha casa situada no lugar do barreiro, ten a cuberta a dúas augas e feita con tella do país e fibrocemento.
-
Maniños
Igrexa barroca do século XVII
-
Fene
Edificio indiano, actual sede do Xulgado.
-
Maniños
Vivenda indiana con usos comerciais
-
Maniños
O espazo enriqueceuse coa construción dun palco, unha caseta e un poste de iluminación, ademáis dunha bancada arredor da pista.
-
Barallobre
Situada no lindeiro da parroquia de Sillobre, esta capela ten planta rectangular e nave única e presenta pequenas fiestras rectangulares nas fachadas laterais.
-
Perlío
Levantouse en 1930 e conta con 3 fachadas, un delas en esquina, e un paramento que fai medianeira.
-
Perlío
Leva na fachada en esquina as principais solucións ornamentais.
-
Fene
Casa tradicional con solaina de madeira
-
Fene
Vivenda unifamiliar de comezos do século XX
-
Maniños
Vivenda de planta rectangular distribuída en baixo, planta e baixo cuberta. Ten dúas galerías nas dúas fachadas do primeiro andar que ocupan todo o longo da fachada.
-
Barallobre
Exemplo de casa de piso sinxela e de traza rectangular. O hórreo, o portal e o tellado van con tella do país.
-
Perlío
Vivenda tradicional que se corresponde cunha casa de piso moi reformada e cun acceso arbitrado para acceder ao primeiro andar.
-
-
-
Maniños
A construción segue as pautas de moitas vivendas indianas pola súa planta, distribución, ornamentación e composición do xardín.
-
-
Maniños
Construída no século XIX sitúase nunha parcela de 3.600 metros cadrados e está rodeada por un muro de cachotería que conta con numerosas árbores.
-
Barallobre
Casa indiana conocida tamén como Casa do Adriano construída en 1921.
-
-
-
Sillobre
Vivenda datada a finais do século XV, de planta rectangular e con tres arrimos (dous alpendres e unha bodega). No seu frontal, do século XVIII, mostra os cuarteis de Andrade, Bermúdez de Castro, etc.
-
Barallobre
Conxunto tradicional de dúas vivendas no lugar dos Currás
-
-
Fene
Vivenda indiana do primeiro terzo de século XX
-
Fene
Construción de estilo indiano
-
Maniños
Situada en Chao da Aldea edificouna o indiano que lle dá nome en 1920.
-
Sillobre
Un claro exemplo do paso dunha casa de sobrado a unha casa de piso.
-
Sillobre
No lugar de Belelle consérvase a casa de piso que conforma a tipoloxía de vivenda tradicional rural con máis presenza en Fene.
-
Sillobre
Construción agora deshabitada e situada en Belelle, que define á perfección o paso dunha casa de sobrado cara a unha casa de piso.
-
Sillobre
Construción pouco típica dentro desta categoría de vivenda, posto que conta cunha planta case cadrada e posúe tan só baixo e faiado.
-
-
Fene
Vivenda tradicional de planta rectangular de tres alturas
-
-
Sillobre
Posúe planta rectangular que se desenvolve en baixo e primeiro andar. Destaca o seu alpendre situado na parte de enfronte.
-
Magalofes
Vivenda labrega de dúas plantas e faiado
-
-
Sillobre
Casa de piso tradicional con planta rectangular que posúe como elementos singularizadores uns arcos rebaixados que coroan os linteis das portas enforntadas da vivenda.
-
Sillobre
Combina elementos da arquitectura rural coa estética e a funcionalidade urbana. Son dúas vivendas acaroadas, unha con baixo e faiado con cuberta a dúas augas e outra de planta rectangular con baixo, primeiro andar e faiado con cuberta
-
Sillobre
Ten a planta rectangular e arredor dela agrúpanse as dependencias adxectivas da vivenda.
-
Maniños
O faiado e o primeiro andar mostran dúas solucións para enmarcar vans, con madeira ou con grandes pezas de granito.
-
Sillobre
Composta por dúas plantas e faiado leva o contorno das fiestras en madeira e o da porta principal composto por grandes pezas de granito.
-
Sillobre
Permanece deshabitada e presenta a planta cadrada con baixo, primeiro andar e cuberta a dúas augas. Ten dúas fiestras na fachada frontal no rpimeiro andar e unha soa no baixo, ao carón da porta principal.
-
Fene
Casa tradicional de planta cuadrangular e tres alturas
-
Perlío
Casa reformada pero que conserva aínda moitas das características propias dunha casa tradicional.
-
Sillobre
Vivenda rural tradicional pertencente ao tipo de piso ou tamén chamada 'casa coruñesa'. Conta cun hórrreo tipo Cabanas.
-
Fene
Casa de planta rectangular e tres alturas
-
Perlío
Vivenda grande con planta terrea, primeiro andar e faiado sobre planta rectangular e con cuberta a dúas augas con tella do país.
-
-
-
-
-
Maniños
Vivenda deshabitada que agora ten un uso secundario e na que a vivenda actúa como eixo central para as edificacións auxiliares.
-
Sillobre
Trátase dunha vivenda illada coas correspondentes construcións adxectivas e que ten en fronte unha casa de sobrado, primeira vivenda familiar.
-
Sillobre
Unha edificación conformada por dúas casas de piso, no lugar do Belelle, na que as construcións adxectivas foman un patio aberto.
-
Perlío
Construcións acaroadas que teñen como núcleo central unha casa de piso con planta en L.
-
-
Sillobre
A vivenda está rodeada dun muro de pedra e ten entre as construcións adxectivas un hórreo perfectamente conservado.
-
Maniños
Trátase dunha construción sinxela, de baixo e primeiro andar a partir dunha planta cadrada.
-
Sillobre
Exemplo claro e recente da rehabilitación dunha construción tradicional rural.
-
Sillobre
Posúe planta rectangular que segue a configuración tradicional e ten apegada unha bodega pequena que tamén se rehabilitaou.
-
Sillobre
Tamén no lugar de Belelle atópase esta vivenda tradicional, de piso, e rehabilitada conservando as principais caracteristicas deste tipo de vivendas.
-
Sillobre
Construción con planta en forma de L e dividida en baixo, primeiro andar e faido. A vivenda está agora deshabitada pero pertenceu a unha relevante familia da parroquia.
-
Sillobre
Construída a finais do XIX esta casa de sobrado, que aínda está habitada, divide o seu espazo doméstico en tres ámbitos: a cociña, a corte e o sobrado.
-
Sillobre
Unha vivenda de sobrado que responde, na súa meirande parte, á configuración clásica deste tipo de vivendas.
-
Fene
Casa tradicional de planta rectangular
-
Sillobre
Vivenda tradicional ben conservada e que aínda se emprega para acubillar o gando. Na súa estrutura apréciase xa certa complexidade.
-
Limodre
Casa rectangular, de dúas alturas e tres vans en cada unha delas coa cumieira paralela á fachada principal.
-
Limodre
Vivenda de planta rectangular de dúas alturas e que xoga no despece dos esquinais co contraste da cor.
-
Limodre
Vivenda co baixo decorado con imitación ao despece de pedra e que se volve trapezoidal no linteis para remarcar os vans.
-
-
-
Sillobre
Dúas edificacións únense para conformar a vivenda, unha delas de planta tradicional rectangular e a outra estruturada en baixo, primeiro andar e faiado con cuberta a catro augas. Leva decoración en altorrelevos zoomórfic
-
Sillobre
Orixinariamente todas as construcións formaba parte dunha única casa. O corpo principal leva a planta en L e fórmano o baixo, o primeiro andar e o faiado.
-
Perlío
Vivenda deshabitada e composta por baixo e baixocuberta que se cobre con tella do país a dúas augas. Nun dos costados ten acaroado un alpendre que sufriu bastantes modificacións.
-
Sillobre
As numerosas modificacións e reformas que viviu nos últimos anos desvirtúan o conxunto orixinal pero mantén a estrutura básica dunha casa de piso.
-
Limodre
Vivenda de traza rectangular con semisoto e primeira planta e coa cuberta de tella plana.
-
Barallobre
Edificación construída no ano 1931 por D. Manuel Bouza
-
Maniños
Casa de estilo indiano
-
-
-
Perlío
Vivenda unifamiliar illada construída nos anos 40. Trátase dunha casa sobriamente ornamentada.
-
Maniños
Casa indiana de planta rectangular
-
Fene
Vivenda unifamiliar de estilo indiano
-
Perlío
Ten tres dos trazos singulares destas edificacións: o predio máis alto ca beirarrúa, organízase a partir dun volume cúbico e concentra a ornamentación nos recercos dos vans.
-
-
Maniños
Vivenda con dous corpos de diferente altura
-
Maniños
Construción de planta rectangular e tres alturas
-
-
Sillobre
Casa de piso reformada que conta cun interesante alpendre coa fronte aberta e cuberta a dúas augas.
-
Sillobre
Casa tradicional de piso distribuída en baixo, piso e faiado que leva na fachada principal tres fiestras cun lintel con forma de arco rebaixado.
-
Limodre
De traza rectangular alongada desenvólvese en dúas alturas, na primeira éntrase á vivenda principal e ás cortes e na segunda o máis destacado son as fiestras.
-
Sillobre
Construíuse no primeiro terzo do século XX e ten planta rectangular con cuberta a dúas augas.
-
Sillobre
Vivenda con planta en L que conta con baixo, piso e faiado. Nos arredos ten varios alpendres e dependencias auxiliares da casa.